Saltar ao contido

Campo Largo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCampo Largo
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 25°27′32″S 49°31′40″O / -25.4589, -49.5278
EstadoBrasil
Unidades da federaciónEstado do Paraná Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación136.327 (2022) Editar o valor en Wikidata (109,11 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.249,422 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude956 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1870 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico41 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil4104204 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcampolargo.pr.gov.br Editar o valor en Wikidata

Campo Largo é unha cidade do estado brasileiro de Paraná. A súa poboación estimada no 2010 era de 112.486 habitantes. Atópase ó sueste do estadoestado e pertence á Rexión Metropolitana de Curitiba.

A sede ten unha temperatura media anual de 16,5 °C e na vexetación do concello predomina a foresta ombrófila mista. En relación á frota automobilística, no 2009 foron contabilizados 46 011 vehículos. Cunha taxa de urbanización de 83,23%,[1] o concello contaba, no 2009, con 97 establecementos de saúde. O seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) é de 0,774, considerando como medio en relación co estado.

A cidade de Campo Largo foi desmembrada de Curitiba na década de 1870. A orixe da súa etimoloxía está na xeografía e denota a lonxitude dos horizontes da rexión na época da fundación do concello. Os habitantes naturais do concello de Campo Largo son chamados campo-larguenses.

É coñecido como "Capital da Louça" por mor da produción e exportación dese material. É sede de empresas como a Incepa, Porcelana Schmidt, Germer e Lorenzetti cuxos produtos son coñecidos internacionalmente. O concello é a sede dunha das fontes de auga mineral, a Ouro Fino.

O concello posúe os distritos de Bateias, Três Córregos, São Silvestre e Ferraria, e subdivididos por 147 barrios, vivendas sociais e residenciais.

  1. Confederação Nacional de Municípios. "Dados Gerais". Consultado o 24 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ferreira, João Carlos Vicente. O Paraná e seus municípios. Maringá: Editora Memória Brasileira, 1996.
  • Ferreira, Jurandyr Pires. Enciclopédia dos municípios brasileiros: volume XXXI: Paraná. Rio de Janeiro: IBGE, 1959.