Vršac
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Serbia | ||||
Autonomous province of Serbia (en) | Voivodina | ||||
Distritos da Sérvia (pt) | Banato Sur | ||||
Município da Sérvia (pt) | Vršac Municipality (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 35.701 (2011) (179,85 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 198,5 km² | ||||
Altitude | 101 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 26300 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 13 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | vrsac.org.rs |
Vršac (en serbio cirílico: Вршац, húngaro: Versec, Versecz, alemán: Werschetz, romanés: Vârşeţ, turco: Virsac) é unha localidade e municipio situados na Provincia Autónoma de Voivodina, en Serbia. En 2002 a súa poboación era de 40.000 habitantes, sendo de 54.369 a do municipio.[1] Vršac atópase na rexión histórica do Banato, no distrito de Banat do Sur.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome de Vršac é de orixe serbia; derívase da palabra eslava Vrh, que significa "cumio".[2] En Serbia, a cidade é coñecida como Вршац ou Vršac, en romanés como Vârşeţ, en húngaro, como Versec, en alemán como Werschetz, e en turco como Virsac.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde a antigüidade, a zona sobre a que se asenta Vršac foi poboada por celtas, dacios, romanos e sármatas, para ser habitada sobre o século VII polos eslavos e un século máis tarde os húngaros.
O primeiro documento escrito sobre Vr?ac remóntase a principios do século XIV. Desde esa época, sobre a cidade gobernaron indistintamente reis serbios e húngaros. Aínda que se mantivo baixo o Reino de Hungría, chegou a ser conquistada polos turcos, que foron expulsados en 1716.[3] Porén, a composición étnica da cidade variou substancialmente, coa chegada masiva de serbios que fuxían da represión turca no sur. Tras o colapso otomán, e como parte do Banato (dende 1849 Voivodato de Serbia e Banato de Timişoara), mantívose baixo o Imperio Austrohúngaro até a primeira guerra mundial (1914-1918), en que quedou integrada no Reino de Iugoslavia dentro do Banato serbio. Ao final da segunda guerra mundial produciuse un éxodo da poboación alemá, tras a derrota da Alemaña nazi e a chegada do comunismo. Xa como parte da provincia serbia de Voivodina mantívose até os nosos días.
Economía
[editar | editar a fonte]Vršac ten unha industria bastante desenvolvida en comparación coa media do país. Está dedicada principalmente a produtos farmacéuticos, alimentarios e téxtiles. A compañía farmacéutica máis importante de Serbia, o Grupo Hemofarm, está establecida na cidade.[4]
Vršac, situada na fértil Chaira Panónica é tamén considerado un dos centros agrícolas máis importantes da rexión de Banat do Sur, que é tamén a parte sur da provincia de Voivodina, situada nunha zona dunhas 54.000 ha de terra cultivable e moi fértil. Existe unha importante porcentaxe de poboación dedicado a actividades relacionadas coa agricultura.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 2002, o último realizado en Serbia, os 54.369 habitantes de Vršac estaban etnicamente repartidos así:
- Serbios = 39,418 (72,50%)
- Romaneses = 5,913 (10,87%)
- Húngaros = 2,619 (4,82%)
- Romaníes = 1,186 (2,18%)
- Iugoslavos = 1,019 (1,87%)
- Outros = 4,214 (7.76%)
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Torre de Vršac: é o símbolo da cidade. A Vršačka kula data do século XV. É o último vestixio dunha antiga fortaleza medieval.
- Mosteiros: existen dous mosteiros ortodoxos no municipio, o Mosteiro de Mesić, do século XV, e o Mosteiro de Središche, que é unha construción máis moderna.
- Adegas: o municipio de Vršac é unha fértil rexión vinícola, onde se producen os viños Tinto Vržole e Branco Vržole, grazas aos cales se desenvolveu un incipiente turismo vinícola.[5]
Transportes
[editar | editar a fonte]Vržac, situada a 84 km de Belgrado, é lugar de paso da Ruta europea E70, que une a capital serbia con Timisoara e o sur de Romanía (a fronteira atópase a só 12 km), e tamén da liña de ferrocarril que une estas dúas cidades.
A cidade tamén é sede do Aeroporto Internacional de Vršac]], un do catro aeródromos internacionais do país, e que tamén é sede da Academia de voo Jat Airways, un dos máis recoñecidos centros de formación de pilotos de Europa.[6] A compañía de bandeira nacional, Jat Airways, opera desde Vršac voos a 28 cidades de toda Europa.
Deportes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: KK Hemofarm.
- Véxase tamén: Millennium Center.
A cidade de Vršac é sede dun dos equipos de baloncesto punteiros da liga serbia, a Naša Sinalko Liga, e da Liga do Adriático o KK Hemofarm, que xoga os seus encontros como local no Millennium Center, inaugurado en 2002 e que tamén foi unha das sedes do Eurobasket 2005. Tamén albergará encontros do Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 2012, a celebrar en Serbia.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Statistics of Population[Ligazón morta]
- ↑ Istorija[Ligazón morta]
- ↑ "History". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2009. Consultado o 28 de abril de 2010.
- ↑ "Hemofarm in Serbia". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2009. Consultado o 28 de abril de 2010.
- ↑ "Wine Tourism". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 28 de abril de 2010.
- ↑ JAT, ofertas e promocións[Ligazón morta]