Robert Harting
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1984 (39 anos) Cottbus, Alemaña | ||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||
Peso | 130 kg | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | lanzador de disco | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Alemaña | ||||||||||||||||
Deporte | atletismo | ||||||||||||||||
Disciplina deportiva | Lanzamento de disco | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2016 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) | ||||||||||||||||
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 | ||||||||||||||||
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 | ||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Cónxuxe | Julia Harting (2016–) | ||||||||||||||||
Irmáns | Christoph Harting | ||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Páxina web | derharting.de | ||||||||||||||||
Robert Harting, nado o 18 de outubro de 1984 en Cottbus é un lanzador de disco alemán. Representa ao club deportivo SCC Berlin, cuxo adestrador é Werner Goldmann. É o campión olímpico, mundial e europeo de lanzamento de disco masculino.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tempada 2001-2002
[editar | editar a fonte]Gañou a medalla de prata no Campionato Mundial Xuvenil do 2001 . En campionatos posteriores tivo menos acerto e quedou no oitavo posto da eliminatoria no Campionato Mundial Júnior do 2002 . Levou a medalla de ouro no Campionato Europeo de Atletismo sub 21.
Tempada 2006-2007
[editar | editar a fonte]Comezou a participar na categoría Sénior pouco tempo despois e participou nos Campionatos Europeos de atletismo de 2006, onde non deu acadado a marca para acceder á última rolda do campionato. Mellorou no Campionato do mundo de 2007 onde acadou unha nova marca persoal de 66.93 metros que lle permitiu gañar a medalla de prata . Foi cuarto no Campionato Mundial de Atletismo e o ano seguinte quedou segundo no Campionato de inverno Europeo de Lanzamento.
Tempada 2007-2008
[editar | editar a fonte]Acadou unha nova marca persoal de 68.65 en Kaunas en xuño e foi seleccionado para o equipo alemán nos Xogos Olímpicos de Pekín . Rematou en cuarta posición cun lanzamento de 67.09 m . Pechou a tempada cunha medalla de bronce no Mundial de Atletismo da IAAF do 2008.
Tempada 2009-2010
[editar | editar a fonte]En Berlín no Campionato Mundial de Atletismo de 2009[1], Harting estaba asentado na segunda posición con medalla de prata entrando así na 6 ª rolda da final,na que acadou unha nova marca persoal de 69,43 metros conseguindo así poñerse á fronte do liderado e finalmente conseguir a medalla de ouro. O último competidor da rolda, e líder desde a primeira , o atleta polaco Piotr Malachowski, non foi capaz de mellorar lanzamento do alemán.
Tempada 2010-2011
[editar | editar a fonte]Harting estableceu un novo récord de 66,80 m que lle serviu para vencer no Campionato Europeo de equipos de 2010 e fixou a marca de 68,67 m, o mes seguinte, no Campionato Alemán de Atletismo de 2010 no que acabou levando o título nacional. Robert lanzou 68,47 m na final do Campionato Europeo de Atletismo pero iso non foi suficiente para bater a Piotr Malachowski. Aínda así, a medalla de prata foi o seu primeiro título nun campionato continental. Logo competiu na IAAF Diamond League de 2010 e gañou o Weltklasse de Zúrich, pero foi Malachowski quen gañou o Trofeo de Diamante de categoría superior. En Neubrandenburg nunha competición dun-a-un contra Malachowski, conseguiu derrotalo cun lanzamento de 69,69 m. Ao ano seguinte defendeu o seu título mundial no Campionato Mundial de Atletismo de 2011 cunha marca de 68,97 m.
Tempada 2012
[editar | editar a fonte]En maio de 2012 Harting cosechou unha nova marca persoal de 70,31 m na Reunión Werfertage Hallesche. No Campionato Europeo de Atletismo de 2012 en Helsinqui, Finlandia, Harting gañou a medalla de ouro, lanzando 68,30 m. Nos Xosgos Olímpicos de Londres 2012 conquistou a medalla de ouro en lanzamento do disco.
Peculiaridades de Robert Harting
[editar | editar a fonte]Robert Harting é coñecido polas súas exuberantes celebracións [2]. Nos últimos Xogos Olímpicos, tras lograr a medalla de ouro, rompeu a súa camiseta e correu pola pista saltando os obstáculos cunha bandeira alemá nos seus ombreiros.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- http://www.iaaf.org
- http://en.wikipedia.org/wiki/Robert_Harting