Juan Rulfo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Nepomuceno Carlos Pérez Rulfo Vizcaíno 16 de maio de 1917 Sayula, México (pt) |
Morte | 7 de xaneiro de 1986 (68 anos) Cidade de México |
Causa da morte | morte natural |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras, filme e fotografía |
Ocupación | escritor, fotógrafo, guionista, novelista |
Membro de | |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | elem.mx… |
|
Juan Nepomuceno Carlos Pérez Rulfo Vizcaíno, máis coñecido como Juan Rulfo ( pronunciación (axuda · info)), nado en Xalisco o 16 de maio de 1917 e finado na Cidade de México o 7 de xaneiro de 1986 foi un escritor, guionista e fotógrafo mexicano, pertencente á xeración do 52.[1] A reputación de Rulfo aséntase en dous pequenos libros, El Llano en llamas, composto de dezaseis relatos, e a novela Pedro Páramo.
Juan Rulfo foi un dos grandes escritores latinoamericanos do século XX. Nas súas obras combina realidade e fantasía en accións desenvolvidas en escenarios mexicanos. As súas personaxes representan e reflicten os estereotipos do lugar cos seus grandes problemas socioculturais entretecidos co mundo fantástico. A obra de Rulfo, e sobre todo Pedro Páramo, marca o fin da novela revolucionaria, o que permitiu as experimentacións narrativas como no caso da xeración do medio século en México ou os escritores pertencentes ao boom latinoamericano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orfo de pai aos sete anos, catro anos despois finou a súa nai. En 1929 trasladouse a San Gabriel e viviu coa súa avoa e posteriormente no orfanato Luis Silva en Guadalaxara. En 1933 tentou ingresar na Universidade de Guadalaxara pero ao estar en folga, optou por trasladarse á Cidade de México e asistiu como ouvinte ao Colegio de San Ildefonso. En 1934 comezou a escribir os seus traballos literarios e a colaborar na revista América.
A partir de 1938 viaxou por algunhas rexións do país en comisións de servizo da Secretaría de Gobernación e comezou a publicar os seus contos máis relevantes en revistas literarias. Desde 1946 dedicouse tamén á fotografía, realizando composicións notables. Traballou para a compañía Goodrich-Euzkadi de 1946 a 1952 como axente viaxeiro.
En 1947 casou con Clara Angelina Aparicio Reyes, coa que tivo catro fillos (Claudia Berenice, Juan Francisco, Juan Pablo e Juan Carlos). De 1954 a 1957 foi colaborador da Comisión del Papaloapan e editor no Instituto Nacional Indigenista na Cidade de México.[2]
Obra literaria
[editar | editar a fonte]En 1930 participou na revista México. En 1945, publicou, para a revista Pan en Guadalaxara os contos La vida no es muy seria en sus cosas, Nos han dado la tierra eMacario. Establecido na Cidade de México en 1946 publicou o conto Macario na revista América. En 1948 publicou La cuesta de las comadres e en 1950 Talpa e El Llano en llamas. En 1951 a revista América publicou o conto ¡Diles que no me maten! e en 1955 publicouse Pedro Páramo.
Entre 1956 e 1958 escribiu a súa segunda novela, El gallo de oro, que non foi publicada ata 1980.[3]
Logo de concluír as súas dúas novelas, Rulfo abandonou a escritura de libros. En 1974, durante un diálogo con estudantes na Universidade Central de Venezuela, Rulfo xustificou ese abandono coa morte do seu tío Celerino, que "lle contaba todo".[4] O tío Celerino realmente existiu e con el, Rulfo recorreu moitos lugares escoitando as súas historias, que eran consideradas como fantasiosas.[4] O escritor Enrique Vila-Matas, no seu libro Bartleby y compañía, describe esta xustificación como unha das máis creativas que se coñecen.[5] Para o escritor César Leante, Rulfo quixo evitar a repetición de evocar a crueldade e a dor expresadas en El Llano en llamas e Pedro Páramo.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]- Un pedazo de noche, fragmento da novela El Hijo del desaliento
- La vida no es muy seria en sus cosas (conto) (1945)
- El Llano en llamas, (1953).
- Pedro Páramo, (1955).
- El gallo de oro (1980)
- Talpa (conto)
- Tríptico para Juan Rulfo: Poesía/Fotografía/Crítica (Colección das súas fotografías, a súa poesía e artigo sobre estes temas, publicado postumamente)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Universia (16 de maio de 2008). "El 16 de mayo de 1917 nació Juan Rulfo, escritor mexicano perteneciente a la generación del 52". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2015. Consultado o 24 de setembro de 2010.
- ↑ Semblanzas de académicos (ed.). "Nuestros centenarios: humanistas mexicanos". Consultado o 14 de novembro de 2009.
- ↑ "Juan Rulfo - Página oficial - El gallo de oro". clubcultura.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 02 de agosto de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 Rulfo, Juan (1996). "Ensayos discursos conferencias y prólogos". En Editorial Universidad de Costa Rica. Toda la obra. p. 451. ISBN 9788489666160. Consultado o 18 de setembro de 2013.
- ↑ Vila-Matas, Enrique (2000). Bartleby y compañía. Anagrama Editorial S. A. p. 17. ISBN 9788433924490. Consultado o 18 de setembro de 2013.
- ↑ Noya, Mario (14 de agosto de 2006). LibertadDigital.com, ed. "Juan Rulfo: pocas pero bruscas obras juntas". Consultado o 18 de setembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Rulfo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrientos, Fernando, Juan Rulfo. El regreso al paraíso, México, Editorial Universitaria, 2007
- Estrada, Julio, El sonido en Rulfo, México, UNAM-IIE, 1990
- Fernández del Riego, Francisco (1974). Letras do noso tempo. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-7154-219-9.
- López Mena, Sergio, Los caminos de la creación en Juan Rulfo, México, UNAM, 1993
- López Mena, Sergio (Selec. y ed.) Revisión crítica de la obra de Juan Rulfo, México, Praxis, 1998
- Rulfo, Juan (1996) Juan Rulfo: toda la obra, edición por Claude Fell, ed. Universidad de Costa Rica, ISBN 978-84-89666-16-4.
- Vital Díaz, Alberto, Noticias sobre Juan Rulfo, 1784- 2003, México, FCE, 2004