Saltar ao contido

Didier Ilunga-Mbenga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDidier Ilunga-Mbenga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Kinshasa, República Democrática do Congo Editar o valor en Wikidata
Altura213 cm Editar o valor en Wikidata
Peso121 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaBélxica
República Democrática do Congo Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Golden State Warriors
Spirou Charleroi
Dallas Mavericks
Qingdao DoubleStar
New Orleans Pelicans
Los Angeles Lakers
Pallacanestro Varese
Barako Bull Energy
Participou en
2011Campionato europeo de baloncesto de 2011 Editar o valor en Wikidata

Didier Ilunga Mbenga, máis coñecido como D.J. Mbenga, nado en Kinshasa o 30 de decembro de 1980, é un ex-xogador de baloncesto con nacionalidade congolés-belga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mbenga viviu en Congo (daquela chamado Zaire) até os dezasete anos, xa que o seu pai era perseguido por traballar cos líderes do réxime anterior do país e posteriormente morreu en circunstancias descoñecidas. Durante a guerra entre os Tutsis e os Hutus, Mbenga foi acusado falsamente de ser un tutsi e foi condenado prisión e mesmo execución. En 1999, tras nove meses de malos tratos no cárcere, Mbenga conseguiu escapar despois de que o seu irmán subornase a un dos gardas. Temendo polas súas vidas, Mbenga e a súa nai deixaron o país o máis pronto posible. Marcharon a Bélxica, onde lles deron asilo político e máis tarde nacionalizaríase belga.

Unha vez en Bélxica, Mbenga permaneceu na cidade de Kapellen, sendo descuberto nas rúas pola lenda do baloncesto belga Willy Steveniers. Impresionado polo seu aspecto físico, ofreceuse a ensinarlle a xogar ao baloncesto. Co tempo, Steveniers converteuse no seu mentor e nun segundo pai para Mbenga. Tras varios anos xogando en ligas belgas, o soño do xogador fíxose realidade ao fichar en 2004 por Dallas Mavericks da NBA.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Mbenga non xogou ao baloncesto até os dezanove anos de idade. Na súa primeira tempada na NBA, xogou bastante pouco, cunha media de 1 punto e 0,5 rebotes en 15 partidos cos Mavericks. Na seguinte campaña incrementou o número de partidos até 43, pero os minutos en pista non aumentou en demasía. Mbenga mostrou en varias ocasións o seu potencial defensivo, en especial nos momentos finais do partido, pero ofensivamente é moi limitado. Con todo, era un dos favoritos da afección dos Mavs, até o punto de que a súa camiseta comezou a ser vendida con moito éxito.

Tras a temporada 2005−06, Mbenga converteuse en axente libre restrinxido, renovando cos Mavericks por tres tempadas e preto de dous millóns de dólares ao ano. En 2007, xa comezada a tempada, asinou por Golden State Warriors,[1] equipo que o despediu o 6 de xaneiro de 2008.[2] Ao pouco tempo, asinou con Los Angeles Lakers, cos que conseguiu o anel de campión en 2009 e 2010. Para a seguinte temporada asinou un contrato cos New Orleans Hornets.

Curisidadres

[editar | editar a fonte]
  1. "November 2007 Transactions". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 27 de marzo de 2010. 
  2. Warriors Waive DJ Mbenga

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]