Lúas de Plutón
Existen cinco lúas coñecidas do planeta anano Plutón. A lúa mais grande de Plutón é Caronte; Caronte, de tódolos satélites do sistema solar é a lúa mais grande en comparación co seu planeta hospede, non existe ningunha outra lúa dun tamaño tan próximo ao do planeta orbitado, producíndose o efecto de planeta duplo, o outro sistema "satélite-planeta" que ten un efecto semellante ao de Plutón e Caronte é o da Terra e a Lúa. O sistema Terra-Lúa ocupa o segundo posto (nas proporcións planeta-lúa) despois do sistema duplo Plutón-Caronte.
Hydra, Nix, Cérbero, xunto con Estixia son os outros catro satélites de Plutón, e son mais pequenos que Caronte. Hydra e Nix foron localizados nas imaxes obtidas polo Telescopio Espacial Hubble os días 15 e 18 de maio do ano 2005.Cérbero foi descuberta no 2011, polo telescopio Hubble, a derradeira lúa Estixia, descuberta tamén telescopio Hubble en nove conxuntos separados de imaxes tomadas pola Cámara de Gran Angular 3 do Hubble, os días 26, 27 e 29 de xuño de 2012 e 7 e 9 de xullo de 2012. Segundo a nota de prensa o satélite ten unha orbita coplanar (no memo plano) que a dos demais satélites de Plutón, atopase nunha orbita circular a unha distancia orbital aproximada de 58 mil quilómetros.[1][2] .
Datos das lúas de Plutón
[editar | editar a fonte]As lúas están clasificadas segundo o seu período orbital.
Nome | Imaxe | Diámetro (km) | Masa (kg) | Período orbital (días) | Descubridor | Ano |
---|---|---|---|---|---|---|
Caronte | 1207 ± 3 | (1,52±0,06)×1021 | 6,387230 | James W. Christy | 1978 | |
Estixia | 10-25 | ? | 20.2 +/- 0.1 | Telescopio espacial Hubble | 2012 | |
Nix | 46 - 137 | 5×1016 - 2×1018 | 24,856 | Telescopio espacial Hubble | 2005 | |
Cérbero | 13-34 | ? | 32,1 | Telescopio espacial Hubble | 2011 | |
Hydra | 61 - 167 | 5×1016 - 2×1018 | 38,206 | Telescopio espacial Hubble | 2005 |
Formación
[editar | editar a fonte]O sistema de lúas ó redor de Plutón é inesperadamente complexo e podería se-lo resultado dunha colisión no pasado distante entre Plutón e outro obxecto de tamaño considerable do cinto de Kuiper.[3] As lúas de Plutón poderían se-la fusión dos cascallos xurdidos a partir dun evento destas características, semellante á teoría do Big Splash, esta teoría formula que a creación da lúa terrestre foi a partir dunha gran colisión. As resonancias orbitais podería actuar coma fendas para recolle-los materiais espallados dentro do sistema de Plutón.[4]
-
Centro de masas do sistema visto dende a Terra.
-
Órbitas das lúas e do planeta no sistema de Plutón.
-
Tamaños aproximados dos corpos do sistema de Plutón.
-
Concepción artística de Plutón e Caronte vistos dende Hydra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://hubblesite.org/newscenter/archive/releases/2012/32/
- ↑ "The International Astronomical Union (IAU) is announcing that the names Kerberos and Styx have officially been recognised for the fourth and fifth moons of Pluto, which were discovered in 2011 and 2012.". Unión Astronómica Internacional. Consultado o 24 de agosto de 2014.
- ↑ Maugh, Thomas H. II (11-07-2012). Los Angeles Times, ed. "Astronomers find fifth moon at Pluto". Consultado o 11-07-2012.
- ↑ Matson, J. (11-07-2012). "New Moon for Pluto: Hubble Telescope Spots a 5th Plutonian Satellite". Scientific American web site. Consultado o 12-07-2012.