Demetrio de Falero
Nome orixinal | (grc) Δημήτριος ο Φαληρεύς |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 350 a. C. Falero (pt) |
Morte | 283 a. C. (66/67 anos) Exipto |
Director da Biblioteca de Alexandría | |
– Zenódoto de Éfeso → | |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | político, filósofo, bibliotecario |
Período de tempo | Período helenístico |
Familia | |
Irmáns | Himeraeus |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Demetrio de Falero (Δημήτριος ὁ Φαληρεύς), nado en Atenas no -350 e finado en -282, foi un político e filósofo ateniense pertencente á escola peripatética.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai, Fanostrato, foi escravo de Timoteo e de Conón, así que non era de orixe nobre. Nacido no porto de Falero, educouse no Liceo de Aristóteles con Teofrasto e foi amigo de Menandro, o comediógrafo[1]. Por mor da morte de Foción, tivo que ausentarse de Atenas ata que as cousas acougaron. Gobernou Atenas durante o período (-317 a -307), ata que o expulsaron cando en -307 a escuadra de Demetrio Poliorcetes tomou Atenas, refuxiándose primeiro en Tebas[2] e despois á beira de Casandro de Macedonia, para ao fin terminar en Exipto, na corte de Ptolomeo I, quen o designou como primeiro bibliotecario da Biblioteca de Alexandría (ca. --297), que tiña dúas sedes: unha no Museion e a outra no Serapeo. Atribúese a Demetrio Falereo o aconsellar a Ptolomeo I a tradución da Biblia hebrea ao grego, a denominada tradución do Setenta ou Septuaginta. Volve caer en desgraza co rei Ptolomeo II e morreu no exilio despois do -283, como consecuencia da picadura dunha serpe.
Creou unha biblioteconomía baseada na mestura de dúas tradicións bibliotecarias: a occidental (baseada na organización e as tarefas) e a oriental (baseada nos aspectos formais).
A tradición bibliotecaria occidental recolle os atributos das bibliotecas da Academia de Platón e, sobre todo, o Liceo de Aristóteles. O aristotelismo postulaba como eixo fundamental das bibliotecas a súa conversión na «memoria do mundo»; é dicir, a misión do sabio-bibliotecario residía en reunir todos os libros (naquela época rolos) que abarcasen a totalidade do saber humano. Para iso, destináronse fortes sumas de diñeiro para adquirir o maior número de obras. Tamén se lexislou por decreto real que todos os barcos que atracasen en Alexandría tiñan que entregar todos os libros que levasen a bordo para que fosen copiados na biblioteca e, unha vez finalizada a tarefa, devolvíanse aos seus donos os duplicados.
Aristóteles estableceu que as bibliotecas tamén tiñan que ser «laboratorios editoriais» ou «de texto», é dicir, os bibliotecarios tiñan que establecer os autores que eran dignos de ser estudados e, por tanto, as súas obras debían ser reproducidas unha vez reelaboradas filoloxicamente.
O aristotelismo tamén achegou a organización por orde alfabética, refugando a orde cronolóxica, dividíndose así a idea de que unha biblioteca e un arquivo fosen a mesma institución.[cita [Cómpre referencia]
A tradición bibliotecaria oriental que Demetrio adquiriu en Exipto baséase en aspectos formais fundamentais como o colofón. As obras, ao comporse de varios rolos, gardábanse dentro de caixas ou cestos de vimbia que á súa vez se colocaban en andeis encostados á parede ou en nichos. De cada caixa, colgaba unha tableta de arxila a modo de etiqueta (chamada colofón) onde se escribía o título da obra, unha breve descrición formal do documento que recollía o número de tabletas ou rolos que ocupaban e unha rudimentaria signatura. As bibliotecas orientais (Ebla por exemplo) xa posuían uns catálogos rudimentarios co fin de inventariar as coleccións e ordenalas segundo unha metodoloxía moi básica.
Froito destas dúas biblioteconomías, xurdirían as listas de materias-catálogos que se cristalizarían nos Pinakes, obra doutro bibliotecario de Alexandría: Calímaco de Cirene.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Demetrio de Falero |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Demetrio / Longino. Sobre el estilo / Sobre lo sublime. Intr., trad. y n. de J. García López. Rev.: Carlos García Gual. Editorial Gredos. Madrid. ISBN 978-84-249-3519-1.
- Garrido Arilla, María Rosa. Teoría e historia de la catalogación de documentos. Síntesis. Madrid.
- Riaño Alonso, Juan José. Poetas, filósofos, gramáticos y bibliotecario: origen y naturaleza de la antigua biblioteca de Alejandría. Xixón: TREA.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dióxenes Laercio: Vidas, opinións e sentenzas dos filósofos máis ilustres, V, 75 - 85 (Demetrio).
- Sobre o estilo, obra atribuída a Demetrio de Falero.
- Texto grego, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Empregando o rótulo activo "loade", que se acha na parte superior dereita, obtense axuda en inglés co vocabulario grego do texto.