Saltar ao contido

A máscara do Zorro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A máscara do Zorro
Ficha técnica
Título orixinalThe Mask of Zorro
DirectorMartin Campbell
ProdutorSteven Spielberg
Doug Claybourne
Lucas Foster
GuiónJohn Eskow
Ted Elliott
Terry Rossio
Baseado enPersonaxes de Johnston McCulley
IntérpretesAntonio Banderas
Anthony Hopkins
Catherine Zeta-Jones
Stuart Wilson
MúsicaJames Horner
FotografíaPhil Meheux
MontaxeThom Noble
EstudioTriStar Pictures
Amblin Entertainment
Zorro Productions, Inc.
David Foster Productions
DistribuidoraSony Pictures Entertainment
Estrea 17 de xullo de 1998
Galicia 22 de decembro de 2010 (TVG)
Duración136 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras, Romance
Orzamento$95 000 000[1]
Recadación$250 288 523
Na rede
IMDB: tt0120746 Filmaffinity: 187158 Allocine: 18524 Rottentomatoes: m/mask_of_zorro Mojo: maskofzorro Allmovie: v158887 TCM: 327370 Metacritic: movie/the-mask-of-zorro TV.com: movies/the-mask-of-zorro BNE: XX3958641 Netlix: 5670479 Editar o valor en Wikidata

A máscara do Zorro (en inglés: The Mask of Zorro) é un filme estadounidense dirixido por Martin Campbell e producido por Steven Spielberg que se estreou en 1998. Estreouse en galego na TVG o 22 de decembro de 2010.[2]

México, 1821. Un enmascarado e aclamado heroe popular, coñecido como o Zorro, loita con éxito contra a opresión colonial española na Alta California, representada polo tiránico gobernador don Rafael Montero. Porén, a véspera da liberación de México, Montero descobre que a identidade secreta do Zorro é a de don Diego de la Vega. Un inesperado ataque contra a casa do rebelde, saldarase coa súa captura, a morte da súa muller, o secuestro de Elena, a súa única filla, e a destrución das súas propiedades. Vinte anos despois, Montero regresa do exilio con Elena, que ignora a identidade do seu pai auténtico, e proponse mercar California ó Presidente de México, o Xeneral Santa Anna. Cando don Diego de la Vega se decata, foxe da prisión disposto a vingarse de Montero. Parte do plan consiste en adestrar e transformar a Alejandro Murrieta, un bandoleiro cun treboento pasado, no novo Zorro, para que lle axude a frustrar os plans de Montero dunha vez para sempre. Murrieta farase pasar por un rico terratenente español disposto a gañar a confianza de Montero.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 1998: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor son e efectos de son.
  • 1998: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor filme de comedia e actor comedia.
  • 1998: Nomeada ó BAFTA: Mellor vestiario.
  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "A máscara do Zorro na TVG". DiarioSiglo XXI. 22 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 4 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]