Velkopopovický Kozel
Velkopopovický Kozel é unha marca de cervexa lager producida dende 1874 na localidade de Velké Popovice, na rexión de Praga (República Checa)[1]. É producida pola cervexaría Pivovar Velke Popovice que forma parte do grupo checo Plzeský Prazdroj (ou Pilsner Urquell, en alemán), el mesmo no grupo británico SABMiller. Kozel en checo significa "cabra" (polo que o seu símbolo é unha cabra - Kozel, Großpopowitzer Ziegenbock -), e Velkopopovický significa "da cidade de Velké Popovice".
Historia
[editar | editar a fonte]A cervexaría local pertenceu primeiro a frades beneditinos, aos cales se lles expropiou en 1785 no marco das reformas relixiosas de Xosé II. A cervexaría pasou de man en man para acabar sendo comprada en 1870 por Frantisek Ringhoffer, alcalde de Smichov. Foi reconstruída entón e dotada dos equipos máis modernos. En 1874, Franz Ringhoffer fundou unha fábrica en Velké Popovice (Großpopowitz) preto de Praga.
Durante o período comunista (1945 a 1989), a empresa nacionalizouse.
En 1995, a compañía foi comprada pola cervexeira Radegast, que se fusionou con Plzeňský Prazdroj, a. s. (Pilsener Urquell) en marzo de 1999, unicamente para ser mercada pola surafricana SAB en outubro dese mesmo ano.[2] No 2002 SAB fusionouse co británico Miller Brewing para crear o xigante SABMiller. En setembro de 2002, Plzeský Prazdroj, Radegast e Popovice remataron a súa fusión no seo de SABMiller. O conxunto formado por estas tres cervexarías checas tomou o nome de Plzeský Prazdroj a.s.
A produción, durante moito tempo estable, coñece nestes mesmos anos, un forte desenvolvemento. En novembro de 2002, Velkopopovický Kozel franqueou por primeira vez o cabo do millón de hectolitros anual. Na República Checa está dispoñible como Pale, Medium, Premium, e Negra.
A empresa permite a elaboración da cervexa en Rusia, Israel, Hungría, Ucraína e Eslovaquia, sendo esta a acervexa checa máis popular fóra do país[3].
Tipos de cervexa
[editar | editar a fonte]- Velkopopovický Kozel Premium: É unha cervexa dourada con sabor amargo e aroma finalmente maltear, a súa gradación alcohólica é de 4,8 graos.
- Velkopopovický Kozel 11° Medium: É unha cervexa dourada cunha gradación alcohólica de 4,6 graos.
- Velkopopovický Kozel Světlý: Esta cervexa dourada ten unha gradación alcohólica de 4 graos.
- Velkopopovický Kozel Černý: É unha cervexa negra dunha gradación alcohólica de 3,8 graos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historia da Velkopopovický Kozel". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2008. Consultado o 16 de xuño de 2011.
- ↑ Les Échos, 11 octobre 1999.
- ↑ "Velkopopovický Kozel is the most successful Czech beer abroad - Velkopopovický Kozel". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 16 de xuño de 2011.