Valdejalón
Epónimo | Jalon river valley (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Zaragoza | |||
Capital | La Almunia de Doña Godina | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 933,3 km² | |||
Bañado por | Río Jalón | |||
Valdejalón (en castelán; en aragonés: Val de Xalón) é unha comarca de Aragón, en España, situada no centro-oeste da provincia de Zaragoza. A súa capital é La Almunia de Doña Godina, cunha poboación de 8.091 habitantes (datos de 2020).[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A lei de creación da comarca é a 16/2001 do 29 de outubro de 2001.[2] Constituíuse o 22 de decembro de 2001 e as competencias fóronlle traspasadas o 1 de abril de 2002.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A comarca engloba aos municipios de Almonacid de la Sierra, La Almunia de Doña Godina, Alpartir, Bardallur, Calatorao, Chodes, Épila, Lucena de Jalón, Lumpiaque, Morata de Jalón, La Muela, Plasencia de Jalón, Ricla, Rueda de Jalón, Salillas de Jalón, Santa Cruz de Grío e Urrea de Jalón.
Limita ao norte coa Ribera Alta del Ebro e o Campo de Borja, ao oeste con Aranda, ao sueste coa Comunidade de Calatayud, ao sueste co Campo de Cariñena e ao leste con Zaragoza.
Economía
[editar | editar a fonte]A súa economía baséase na industria de transformación agraria de La Almunia e, en Épila, as industrias auxiliares da planta de Opel España de Figueruelas. Na agricultura, destaca o cultivo dos cereais e vide no val do río Jalón. Tamén se sitúa na bisbarra a Escuela Politécnica de La Almunia, na que estudan máis de tres mil alumnos.
Patrimonio da Humanidade
[editar | editar a fonte]O día 14 de decembro de 2001, o cómite da Unesco declarou o Mudéxar aragonés como ben singular e insubstituíble para a humanidade. En Valdejalón hai unha ampla lista de monumentos mudéxares. Outro patrimonio interesante son as casas cova habitadas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Datos oficiais de pobuación do Instituto Aragonés de Estatística
- ↑ "Ley de creación de la comarca de Valdejalón" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xuño de 2012. Consultado o 2 de setembro de 2010.