Sadurnín, Cenlle
Aparencia
Sadurnín | |
---|---|
Igrexa de San Xoán de Sadurnín. | |
Concello | Cenlle[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°19′45″N 8°05′08″O / 42.32922058, -8.08558922 |
Poboación | 98 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Sadurnín é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense, situada a uns dous quilómetros de Santa María de Cenlle. Segundo o IGE en 2013 tiña 98 habitantes (47 mulleres e 51 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 113 habitantes. O Curato é de segundo ascenso e provisión ordinaria.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situada no curso dun regato que desemboca no río Miño entre Razamonde e Trasaríz, limita con Santa María de Cenlle e o concello de Ribadavia.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]No lugar de Sadurnín están a igrexa de San Xoán de Sadurnín e o Pazo de Sadurnín. No lugar de Saa está o Pazo de Saa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fachada principal da igrexa de San Xoán de Sadurnín.
-
Capiteis.
-
Pazo de Saa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Sadurnín
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Sadurnín no concello de Cenlle | |
---|---|
Campanillas | As Chabolas | Nabás | Saa | Sadurnín |