Saltar ao contido

Galicia Moderna (Pontevedra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia Moderna
PaísEspaña
LugarPontevedra
Na rede
Galiciana: 462375
editar datos en Wikidata ]
"O tío Miseria", de Enrique Labarta, nas páxinas de Galicia Moderna.

Galicia Moderna foi unha revista editada en Pontevedra entre 1897 e 1898.[1]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista mensual ilustrada, apareceu o 1 de maio de 1897. Presumiblemente de propiedade colectiva nun principio, pasou a mans de Xerardo Álvarez Limeses que tamén era o redactor xefe, e dende abril de 1898, do director Enrique Labarta Pose. Entre os seus colaboradores estaban Lamas Carvajal e Lisardo Barreiro. Tentaba converterse nun álbum artístico e literario, no que se ofrecera información sobre as paisaxes, as lendas, os costumes, as tradicións e as festas populares de Galicia. Ademais, incluíu textos literarios e poesías, xunto con datos biográficos de destacados escritores galegos. Cesou a súa edición o 15 de xullo de 1898 co número 30.

  1. Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. pp. 233–234. ISBN 84-8288-137-X. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]