Dorothy Dandridge
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Dorothy Jean Dandridge 9 de novembro de 1922 Cleveland, Estados Unidos de América |
Morte | 8 de setembro de 1965 (42 anos) Hollywood (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | morte accidental |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Grupo étnico | Afroamericano |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, canto e danza |
Ocupación | actriz de televisión, actriz de cinema, bailarina, actriz de teatro, cantante, actriz |
Período de actividade | 1933 - |
Partido político | Partido Demócrata |
Xénero artístico | Música pop tradicional |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Verve Records |
Familia | |
Cónxuxe | Harold Nicholas (1942–1951) |
Nai | Ruby Dandridge |
Irmáns | Vivian Dandridge |
Premios | |
Descrito pola fonte | Notable Black American Women Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians |
|
Dorothy Jean Dandridge, nada en Cleveland o 9 de novembro de 1922 e finada en West Hollywood o 8 de setembro de 1965, foi unha actriz, cantante e bailarina estadounidense. Foi a primeira actriz afroamericana candiata ao Oscar á mellor actriz.[1][2] Foi cantante en locais como o Cotton Club e Apollo Theatre, formando parte tamén de The Dandridge Sisters e participando nunha serie de filmes, xeralmente sen estar acreditada. Foi ademais a primeira muller negra que apareceu na portada da revista Life e en presentarse no Waldorf-Astoria Hotel.
Carreira
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Dorothy Dandridge naceu en Cleveland, Ohio, e 1922, filla do aspirante a estrela Ruby Dandridge (1900-1987) e Cyril Dandridge (1895-1989).[3][4] O seu pai, construtor de mobles e ministro baptista, separouse da súa nai pouco despois do seu nacemento.[5] Ruby creou un espectáculo de danza para as súas dúas fillas, Vivian e Dorothy, co nome de The Wonder Children, coa axencia de Geneva Williams. As irmás viaxaron polo sur dos Estados Unidos durane cinco anos case sen interrupción e indo á escola en raras ocasións, mentres que Ruby traballaba actuando en Cleveland.[6]
Nos anos da Gran Depresión, o traballo para as irmás Dandridge praxticamente desapareceu, igual que para moitos artistas do circuíto. Ruby mudouse entón a Hollywood, onde atopou traballo nunha empresa que atendía radios e estudios. Co cambio de cidade, Dorothy puido cursar o ensino medio na escola McKinley Junior High School.[7]
The Wonder Children foi entón renomeada como The Dandridge Sisters en 1934, incluíndo no grupo a súa colega de escola Etta James.[7] The Dandridge Sisters continuaron a actuar durante anos, mesmo en grandes clubs como o Cotton Club e o Apollo Theater.[8] O seu primeiro papel no cinema foi nunha comedia chamada Teacher's Beau, en 1935.[9] Como integrante do trío, participou en The Big Broadcast of 1936 (1936), con Bill "Bojangles" Robinson, A Day at the Races cos irmáns Marx e It Can't Last Forever cos Jackson Brothers, ambos en 1937.[10] Mesmo sendo pequenas participacións, Dorothy comezou a gañar recoñecemento mentres continuaba a actuar en clubs do país.
O seu primeiro papel acreditado co seu nome foi Four Shall Die (1940), onde era unha asasina, aínda que o papel tivo pouco impacto na súa carreira. Fixo pequenas interpretacións en Lady from Louisiana, co John Wayne e Sundown, con Gene Tierney, ambos en 1941 e no musical do mesmo ano, Sun Valley Serenade para a 20th Century Fox. Esta foi a primeira vez que actuou con Nicholas Brothers.[11]
Durante toda a década de 1940, fixo pequenos papeis en filmes e musicais, a maioría de pouca importancia na súa carreira. Os seus atributos físicos e gran beleza eran amplamente discutidos en revistas e polos directores dos estudios.[11]
En decembro de 1952, un axente da Metro-Goldwyn-Mayer asistiu a unha actuación de Dorothy e recomendouna ao produtor Dore Schary, que a escolleu para o papel de Jane Richards, en Bright Road, o seu primeiro papel destacado, onde foi recoñecida como unha "actriz emotiva e marabillosa". Aínda continuaba a traballar en clubs despois das rodaxes e apareceu en diversos programas de variedades na televisión, incluíndo o programa de Ed Sullivan Toast of the Town.[12]
Carmen Jones
[editar | editar a fonte]En 1953, a 20th Century Fox comezou unha busca nacional para escoller o elenco da adaptación do musical de éxito de Broadway, Carmen Jones, derivado da opera de Bizet, Carmen, adaptada para o escenario e ambientado na comunidade negra despois da segunda guerra mundial. Ao principio, o director Otto Preminger non considerou a Dandridge para o papel principal, achando a súa aparencia sofisticada de máis. Con grande audacia, Dandridge reinventou a súa aparencia coa axuda de maquilladores e enfrontouse a Preminger no seu despacho. Este escolleuna rapidamente e completou o elenco, xunto con Harry Belafonte, Pearl Bailey, Brock Peters, Diahann Carroll, Madame Sul-Te-Wan (sen acreditar), Olga James e Joe Adams.[13]
Mesmo sendo coñecida polo seu talento como cantante, o estudio quería que ela cantase co ton das óperas tradicionais. Entón a súa voz foi dobrada por Marilyn Horne. Carmen Jones recibiu críticas positivas e foi un éxito de pública, con 70 mil dólares na primeira semana e máis 50 mil despois. A súa interpretación sedutora elevouna ao status de sex symbol, ademais de darlle críticas positivas. O 1 de novembro de 1954, Dandridge converteuse na primeira muller de raza negra na portada da revista Life.[14]
O filme foi un éxito en todo o mundo, recadando máis de 10 millóns de dólares e converteuse nun dos filmes máis lucrativos do ano. Dandridge foi candidata ao Oscar á mellor actriz, primeira actriz negra nesa categoría, compartindo candidatura con Audrey Hepburn, Judy Garland, Jane Wyman e a gañadora Grace Kelly.
O 15 de febreiro de 1955, asinou un contrato para tres filmes coa 20th Century Fox, ao mando do propio director do estudio, Darryl F. Zanuck. O seu obxectivo principal para Dandridge era convertela nunha icona negra da pantalla.[11]
Morte
[editar | editar a fonte]O 8 de setembro de 1965, Dandridge falou por teléfono coa súa amiga e ex-cuñada Geraldine "Geri" Branton. Ela ía para Nova York o día seguinte para preparar o seu compromiso co Basin Street East. Varias horas despois da conversa con Branton, Dandridge foi atopada morta polo seu empresario, Earl Mills, con só 42 anos, por causas descoñecidas.[15] Non obstante, algúns biógrafos afirman que sufriu unha embolia pulmonar[16] ou dunha sobredose accidental de imipramina, antidepresivo tricíclico.[17] O 12 de setembro de 1965 realizouse un funeral privado capelipa das Flores. Foi cremada e as súas cinzas foron sepultadas no Mausoleo da Liberdade, no Forest Lawn Memorial Park, en Glendale, California.[18][19]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Como actriz
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1935 | Teacher's Beau | Dorothy | |
1936 | The Big Broadcast of 1936 | The Dandridge Sisters | |
1937 | Easy to Take | Tthe Dandridge Sisters | Sen acreditar |
1937 | It Can't Last Forever | The Dandridge Sisters | Sen acreditar |
1937 | A Day at the Races | Cantante | Sen acreditar |
1938 | Going Places | The Dandridge Sisters | Sen acreditar |
1938 | Snow Gets in Your Eyes | The Dandridge Sisters | |
1940 | Irene | The Dandridge Sisters | Sen acreditar |
1940 | Four Shall Die | Helen Fielding | Título alternativo: Condemned Men |
1941 | Bahama Passage | Thalia | |
1941 | Sundown | Kipsang's Bride | |
1941 | Sun Valley Serenade | Actuación especial | Canta "Chattanooga Choo Choo" cos Nicholas Brothers |
1941 | Lady from Louisiana | Felice | Título alternativo: Lady from New Orleans |
1942 | Lucky Jordan | Empregada | Sen acreditar |
1942 | Night in New Orleans | Sal, Shadrach's Girl | Sen acreditar |
1942 | The Night Before the Divorce | Empregada | Sen acreditar |
1942 | Ride 'Em Cowboy | Bailarina | Sen acreditar |
1942 | Drums of the Congo | Princesa Malimi | |
1942 | Orchestra Wives | Cantante/Bailarina | |
1943 | Hit Parade of 1943 | Cantante en Count Basie Band | Título alternativo: Change of Heart |
1943 | Happy Go Lucky | Showgirl | Sen acreditar |
1944 | Since You Went Away | Esposa do oficial negro na estación de tren | Sen acreditar |
1944 | Atlantic City | Cantante | Título alternativo: Atlantic City Honeymoon Sen acreditar |
1945 | Pillow to Post | ela mesma | Sen acreditar |
1947 | Ebony Parade | ela mesma | Sen acreditar |
1951 | Tarzan's Peril | Melmendi, Rainha de Ashuba | |
1951 | The Harlem Globetrotters | Ann Carpenter | |
1953 | Bright Road | Jane Richards | |
1953 | Remains to Be Seen | Cantante no Night Club | Canta "Taking a Chance on Love" |
1954 | Carmen Jones | Carmen Jones | Candidata ao Oscar á mellor actriz, ao premio da BAFTA á mellor actriz de cinema e ao Globo de Ouro á mellor actriz de comedia ou musical |
1957 | Island in the Sun | Margot Seaton | |
1958 | Tamango | Aiché, amante de Reiker | |
1958 | The Decks Ran Red | Mahia | Títulos alternativos: Infamy La Rivolta dell'esperanza |
1959 | Porgy and Bess | Bess | Candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz de comedia ou musical |
1960 | Malaga | Gianna | Título alternativo: Moment of Danger |
1961 | The Murder Men | Norma Sherman | Telefilme |
1962 | Cain's Hundred | Norma Sherman | Episodio: "Blues for a Junkman" |
Como ela mesma
[editar | editar a fonte]- Cavalcade of Stars (1952; 1 episodio)
- Songs for Sale (1952; 1 episodio)
- The Colgate Comedy Hour (1951–1953; 2 episodios)
- The George Jessel Show (1954; 1 episodio)
- Light's Diamond Jubilee (1954; especial de televisión)
- The 27th Annual Academy Awards (1955; especial de televisión; candidata e presentadora)
- Val Parnell's Sunday Night at the London Palladium (1956; 1 episodio)
- Ford Star Jubilee (1956; 1 episodio)
- The 29th Annual Academy Awards (1957; especial de televisión; intérprete e presentadora)
- The Ed Sullivan Show (1952–1961; 7 episodios)
- Juxe Box Jury (1964; 1 episodio)
Legado
[editar | editar a fonte]Pasaron moitos anos antes de que a industria do entretemento recoñecese o legado de Dandridge. Dende a década de 1980, actrices como Cicely Tyson, Jada Pinkett Smith, Halle Berry, Janet Jackson, Whitney Houston, Kimberly Elise, Loretta Devine, Tasha Smith e Angela Bassett recoñeceron as contribucións de Dandridge ao papel dos afroamericanos no cinema.[20]
No filme de 1995 To Wong Foo, Thanks for Everything! Julie Newmar, Wesley Snipes interpreta a "Noxeema Jackson", unha drag queen co sono de interpretar a Dorothy Dandridge nun filme sobre a súa vida, xa que a admira e sabe todo sobre a súa carreira.
En 1999, Halle Berry interpretou o papel protagonista de Dandridge no filme de HBO Introducing Dorothy Dandridge, que tamén produciu, e polo que gañou o Emmy, o Globo de Ouro e o Screen Actors Guild Award. Cando Berry gañou o Oscar á mellor actriz pola súa interpretación en Monster's Ball, dedicou o "momento [a] Dorothy Dandridge, Lena Horne, Diahann Carroll".[21] Dandridge e Berry eran de Cleveland e de feito naceron no mesmo hospital.
Polas súas contribucións á industria, recibiu unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood, no 6721 Hollywood Boulevard. Dorothy Dandridge é a figura máis prominente no gran mural de famosos pintado na parede exterior do Hollywood High School.[22]
Existe unha estatua de Dandridge en Hollywood-La Brea Boulevard nos Ánxeles, deseñada por Catherine Hardwicke, construída para honrar as líderes multiétnicas do cinema, incluíndo Mae West, Dolores del Río e Anna May Wong.[23]
A cantante Janelle Monáe interpreta a canción titulada "Dorothy Dandridge Eyes" no seu álbum The Electric Lady, con Esperanza Spalding.
Unha personaxe do filme de 1969 The Lost Man afirma que se chama a ela mesma como Dandridge, citando que 'eu amábaa [...] foi unha traxedia terrible cando ela morreu'.
En febreiro de 2016 o episodio da serie Black-ish titulado "Sink or Swim", Dre refírese a Beyoncé como a "Dorothy Dandridge" do noso tempo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oscar de Halle Berry relembra história de Dorothy Dandridge". Portal Terra. Guto Barra. Consultado o 19 de xullo de 2017.
- ↑ Potter, Joan (2002). African American Firsts: Famous Little-Known and Unsung Triumphs of Blacks in America (en inglés). Kensington Books. p. 81. ISBN 0-7582-0243-1.
- ↑ "Ohio Deaths 1908-1932, 1938-1944, and 1958-2002 [database on-line]". The Generations Network. Consultado o 02-05-2009.
- ↑ "Social Security Death Index [database on-line]". The Generations Network. Consultado o 02-05-2009.
- ↑ Lyman, Darryl (2005). Great African-American Women. Jonathan David Company, Inc. pp. 50. ISBN 0-8246-0459-8.
- ↑ Taylor, Quintard; Moore, Wilson; Ann, Shirley (2003). African American Women Confront the West. University of Oklahoma Press. pp. 239. ISBN 0-8061-3524-7.
- ↑ 7,0 7,1 "Dorothy Dandridge Stars In Paramount Picture And Ellington-Anderson Stage Show "Jump For Joy"". The Pittsburgh Courier (Pittsburgh). p. 20. Consultado o 11 de abril de 2016 – vía Newspapers.com.
- ↑ Mills, Earl (1999). Dorothy Dandridge: An Intimate Biography. Holloway House Publishing. p. 50. ISBN 0-87067-899-X.
- ↑ Maltin, Leonard; Bann, Richard W. (1993). The Little Rascals: The Life and Times of Our Gang. Crown. p. 279. ISBN 0-517-58325-9.
- ↑ Carney Smith, Jessie; Palmisano, Joseph M. (2000). Reference Library of Black America. African American Publications, Proteus Enterprises. p. 858.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 "Dorothy Dandridge: A Bio of the 1950s Screen Siren". Yahoo! Voices. 9 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2014. Consultado o 26 de setembro de 2013.
- ↑ "Bright Road". tcm.com. Consultado o 23 de setembro de 2013.
- ↑ Green, Stanley; Schmidt, Elaine (2000). Hollywood Musicals: Year by Year. Hal Leonard. p. 189. ISBN 0-634-00765-3.
- ↑ McClary, Susan (1992). Georges Bizet: Carmen. Cambridge University Press. pp. 133. ISBN 0-521-39897-5.
- ↑ McCann, Bob (2010). Encyclopedia of African-American actresses in film and television. McFarland & company. pp. 87–90. Consultado o 29 de xaneiro de 2011.
- ↑ Robinson, Louie (março de 1966). "Dorothy Dandridge Hollywood's Tragic Enigma". Ebony. p. 71. Consultado o 10-09-2012.
- ↑ Gorney, Cynthia (9 de febreiro de 1988). "The Fragile Flame of Dorothy Dandridge; Remembering the Shattered Life Of a Beautiful 1950s Movie Star". Washington Post. pp. E2.
- ↑ Mills, Earl (1999). Dorothy Dandridge: An Intimate Biography. p. 196. Consultado o 17 de xullo de 2011.
- ↑ Brooks, Patricia; Brooks, Jonathan (2006). Laid to Rest in California. p. 86. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2013. Consultado o 17 de xullo de 2011.
- ↑ "Dorothy Dandridge". The Biography Channel. Arquivado dende o orixinal o 27-09-2013. Consultado o 23-09-2013.
- ↑ "Halle Berry's Acceptance Speech." blackfilm.com. 26 de marzo de 2002.
- ↑ "Creative Feature: #BlackMusicMonth – Dorothy Dandridge". 22-06-2012. Arquivado dende o orixinal o 27-09-2013. Consultado o 23-09-2013.
- ↑ "Dorothy Dandridge statue in Hollywood". Arquivado dende o orixinal o 27-09-2013. Consultado o 23-09-2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dorothy Dandridge |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dandridge, Dorothy & Conrad, Earl. Everything and Nothing: The Dorothy Dandridge Tragedy. Abelard-Schuman; 1st edition (1970). ISBN 0-200-71690-5. HarperCollins, New Ed edition (2000). ISBN 0-06-095675-5.
- Donald Bogle. Dorothy Dandridge: A Biography, Amistad Press, 1997. ISBN 1-56743-034-1.
- Mills, Earl. Dorothy Dandridge: An Intimate Portrait of Hollywood's First Major Black Film Star. Holloway House Publishing, 1999. ISBN 0-87067-899-X. (publicado por primeira vez en 1970)
- Rippy, Marguerite H. (2001). "Commodity, Tragedy, Desire - Female Sexuality and Blackness in the Iconography of Dorothy Dandridge". Classic Hollywood, Classic Whiteness (Capítulo 9). Daniel Bernardi, Editor. University of Minnesota Press. ISBN 0-8166-3238-3.