Tauranga
Tauranga-moana (mi) Tauranga (en) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Reinos da Commonwealth | Nova Zelandia | |||
Rexión | Rexión da Baía de Plenty | |||
Distrito | Tauranga City (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 151.300 (2020) (900,6 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 168 km² | |||
Altitude | 0 m | |||
Creación | 1882 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 3110, 3112, 3116, 3118 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 07 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | tauranga.govt.nz |
Tauranga (en maorí: Tauranga-moana) é a cidade máis poboada e capital da rexión neozelandesa de Bay of Plenty, na Illa Norte. A zona foi colonizada polos maorís a finais do século XIII e a comezos do século XIX polos europeos. En 1963 foi constituída oficialmente como cidade.[1] Cunha área urbana na que viven 127.700 habitantes (estimación de xuño de 2014), é a sexta cidade de Nova Zelandia por poboación. Tamén é un dos principais centros de negocios, comercio internacional, cultura, moda e horticultura do país. O porto de Tauranga é o meirande de Nova Zelandia en termos de volume de exportacións e eficiencia.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Tauranga atópase arredor dun gran porto que se estende ao longo do bordo occidental da baía da abundancia. Está protexida na costa pola illa Matakana e no interior polo xa extinto volcán Mauao
Tauranga é aproximadamente a antípoda da cidade andaluza de Xaén.
Clima
[editar | editar a fonte]Tauranga ten un marcado clima oceánico, aínda que tamén pode ser descrito como subtropical por mor do alto grao de humidade nos meses de verán.[3]
Durante o verán a cidade énchese de turistas, principalmente atraídos polas praias de area branca que se atopan entre a vila de Mount Maunganui e Papamoa.
Datos climáticos para Tauranga (1981−2010) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Media máxima en °C | 24,0 | 24,0 | 22,5 | 19,9 | 17,4 | 15,1 | 14,5 | 15,0 | 16,6 | 18,1 | 20,1 | 22,3 | 19,1 |
Media diaria en °C | 19,4 | 19,6 | 18,0 | 15,5 | 13,2 | 10,8 | 10,2 | 10,7 | 12,3 | 13,9 | 15,8 | 18,0 | 14,8 |
Media mínima en °C | 14,8 | 15,3 | 13,5 | 11,0 | 9,0 | 6,6 | 5,9 | 6,4 | 8,0 | 9,7 | 11,4 | 13,6 | 10,4 |
Precipitación media mm | 76,0 | 86,6 | 92,7 | 120,9 | 105,7 | 115,7 | 127,4 | 112,3 | 87,6 | 90,4 | 75,3 | 90,3 | 1 180,9 |
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) | 6,4 | 7,0 | 8,0 | 8,4 | 8,6 | 10,9 | 11,5 | 11,8 | 10,4 | 10,3 | 9,1 | 8,2 | 110,4 |
Humidade relativa media (%) | 74,4 | 77,7 | 77,7 | 80,4 | 83,3 | 85,5 | 84,1 | 81,9 | 77,4 | 75,2 | 73,4 | 74,8 | 78,8 |
Media de horas de sol mensuais | 261,5 | 217,3 | 214,0 | 183,9 | 165,3 | 135,4 | 151,0 | 173,4 | 174,1 | 212,7 | 224,2 | 232,7 | 2 345,6 |
Fonte: NIWA Climate Data[4] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tauranga City Council (ed.). "Local Government 1860 - present". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2008. Consultado o 12 de setembro de 2015.
- ↑ "Port of Tauranga Limited". Consultado o 12 de setembro de 2015.
- ↑ NIWA (ed.). "Northern New Zealand". Consultado o 12 de setembro de 2015.
- ↑ "Climate Data and Activities". NIWA Science. Consultado o October 15, 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tauranga |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)