Li Ning
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de setembro de 1963 (61 anos) Liuzhou, República Popular da China (pt) |
Educación | Universidade de Beijing |
Altura | 164 cm |
Peso | 58 kg |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, ximnasta artístico, empresario |
Deporte | ximnasia artística |
Participou en | |
1986 | Jogos Asiáticos de 1986 (pt) |
1984 | gymnastics at the 1984 Summer Olympics – men's pommel horse (en) (medalla de ouro olímpica) |
1984 | gymnastics at the 1984 Summer Olympics – men's vault (en) (medalla de prata olímpica) |
1984 | gymnastics at the 1984 Summer Olympics – men's rings (en) (medalla de ouro olímpica) |
1984 | gymnastics at the 1984 Summer Olympics – men's floor (en) (medalla de ouro olímpica) |
1984 | gymnastics at the 1984 Summer Olympics – men's artistic individual all-around (en) (Medalla de bronce olímpica) |
1982 | Jogos Asiáticos de 1982 (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Chen Yongyan (1984–) |
Premios | |
Li Ning, nado en Laibin (Guangxi) o 10 de marzo de 1963 é un exximnasta e empresario chinés. Fundou a compañía de material deportvio Li-Ning.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]Li comezou a adestrar aos oito anos e foi seleccionado para o equipo nacional en 1980. En 1982, gañou seis das sete medallas concedidas na sexta Copa do Mundo de Ximnasia, valéndolle o título de "Príncipe da Ximnasia" (体操王子/體操王子).
Li é célebre por gañar seis medallas nos Xogos Olímpicos de 1984, primeiros xogos nos que participou a China. Gañou tres ouros en chan, cabalo con aros e aneis, dúas pratas e un bronce. Ademais gañou once medallas no campionato mundial de ximnasia artística, incluíndo medallas de ouro en aneis (1985) e na xeral por equipos (1983).[1]
A pesar das lesións, participou nos Xogos Olímpicos de 1988, que foron o final da súa carreira deportiva.
Vida posterior
[editar | editar a fonte]Li retirouse da competición en 1988, e en 1990 fundou Li-Ning Company Limited, que vende calzado e material deportivo na China.[1] Li é o xefe dos directores da compañía. Segundo a lista de ricos da China de Hurun Report de 2014, a súa fortuna estimada é de cinco mil millóns de RMB, facendo del a 407.ª persoa máis rica da China.[2]
Li foi incluído no Salón Internacional da Fama da Ximnasia en 2000, primeiro chinés incluído.[3]
Nos Xogos Olímpicos de 2008, Li Ning encendeu a lapa na cerimonia de inauguración tras ser levantado no aire con cables e arremedar unha carreira polo bordo do estadio.[4][5][6]
Li está casado con Chen Yongyan, ximnasta gañadora da medalla olímpica de bronce en 1984.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Li Ning Arquivado 17 de abril de 2020 en Wayback Machine.. sports-reference.com
- ↑ "China Rich List 2014 – Li Ning". Hurun Report. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2015.
- ↑ "LI NING". International Gymnastics Hall of Fame. Consultado o 12 de maio de 2007.
- ↑ "Games begin with spectacular show". BBC.co.uk. 8 de agosto de 2008. Consultado o 2008-08-08.
- ↑ "Li Flies High at Opening Ceremonies". International Gymnast. 8 de agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2008. Consultado o 8 de agosto de 2008.
- ↑ Fong, Mei (25 de agosto de 2008). "Li Ning on the Beijing Olympics". The Wall Street Journal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Li Ning |
A Galipedia ten un portal sobre: China |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- List of competitive results at Gymn Forum
- Li Ning: China's legendary gymnast has combined sporting agility with commercial muscleArquivado 19 de decembro de 2006 en Wayback Machine., 60 Years of Asian Heroes, por Hannah Beech, Time, 2006
- Nados en Guangxi
- Nados en 1963
- Ximnastas olímpicos da China
- Medallistas olímpicos en ximnasia
- Personalidades da empresa da China
- Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1984
- Ximnastas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1984
- Medallistas olímpicos de ouro pola China
- Medallistas olímpicos de prata pola China
- Medallistas olímpicos de bronce pola China