J Records
J Records | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 2000 |
Data de disolución | 2011 |
Fundador(es) | Clive Davis |
Organización matriz | Sony BMG |
Sede | Nova York |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.jrecords.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
J Records foi un selo discográfico estadounidense propiedade de Sony Music Entertainment, e distribuído a través de RCA/Jive Label Group.
Historia
[editar | editar a fonte]J Records foi fundado no ano 2000 polo veterano industrial Clive Davis, con 15 millóns de dólares financiados pola BMG, despois da súa expulsión de Arista Records ese mesmo ano, e inicialmente operou como unha discografía independente ditribuída a traves da BMG. Olivia foi a primeira artista en asinar con J Records, pero posteriormente foi expulsada polas súas pobres vendas de álbums. No ano 2001, o selo tivo éxito coa súa primeira edición, o multi-platino Songs in A Minor, álbum de estrea de Alicia Keys, do que se venderon ao redor de 12 millóns de copias en todo o mundo. Ese mesmo ano, J Records tivo outro éxito co primeiro álbum de O-Town. Posteriormente artistas establecidos como D'Angelo, Jamie Foxx e Monica uníronse ao selo.
No ano 2002, BMG mercou unha participación maioritaria do selo. Ese mesmo ano, J Records comezou a funcionar baixo o RCA Music Group, onde Davis foi nomeado presidente e CEO, e asinou cos gañadores do programa American Idol Fantasia e Ruben Studdard. En agosto do 2005 as operacións de J Records fusionáronse coas de Arista Records, aínda que ámbolos dous selos continuaron editando os seus propios produtos.
Durante o verán do 2011 o RCA Music Group someteuse a unha reestruturación que levou ao peche de J Recors, xunto cos selos irmáns Jive e Arista, o día 7 de outubro[1]. RCA Records comezará a editar todos os traballos do RCA Music Group a través de RCA Records.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)