Cordílidos
Cordylidae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cordylus tropidosternum | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Os cordílidos (Cordylidae) son unha familia de lagartos de pequeno a medio tamaño que viven no sur e leste de África.[1][2]
Son lagartos diúrnos e insectívoros. Son terrestres, e habitan principalmente as fendas entre as rochas, aínda que polo menos unha especie escava tobos e outra vive baixo codias de árbores exfoliadas. Teñen cabezas e corpos aplanados, e distínguense por unha armadura pesada de osteodermos e escamas grandes rectangulares dispostas en ringleiras regulares arredor do corpo e cola. Moitas especies teñen aneis de espiñas no rabo, que axudan a que o animal se incruste facendo cuña nas fendas rochosas onde se refuxia, e tamén a disuadir aos depredadores.[3]
A maioría das especies teñen catro patas, pero as do xénero Chamaesaura carecen case enteiramente de extremidades, reducidas só a diminutas espiñas en lugar de patas. A familia comprende tanto a especies ovíparas coma ovoviviparas.[3]
Os Cordylidae están estreitamente relacionados coa familia Gerrhosauridae, distribuída en África e Madagascar. Estas dúas familias de lagartos, chamadas Cordyliformes ou Cordyloidea, son ás veces combinadas dentro do concepto amplo de Cordylidae. Recentes análises moleculares serviron para crear novos xéneros e confirmar o clado constituído por Cordylidae e Gerrhosauridae (Cordyloidea) e situalos nun clado máis grande que inclúe a Xantusiidae (Cordylomorpha Vidal & Hedges, 2009).[4]
Novos xéneros
[editar | editar a fonte]FAMILIA CORDYLIDAE
- Xénero Chamaesaura
- Xénero Cordylus
- Xénero Hemicordylus
- Xénero Karusasaurus
- Xénero Namazonurus
- Xénero Ninurta
- Xénero Ouroborus
- Xénero Platysaurus
- Xénero Pseudocordylus
- Xénero Smaug
Antigos xéneros
[editar | editar a fonte]FAMILIA CORDYLIDAE
- Subfamilia Chamaesaurinae
- Xénero Chamaesaura (3 especies)
- Subfamilia Cordylinae
- Xénero Cordylus - (47 especies)
- Xénero Platysaurus (15 especies)
- Xénero Pseudocordylus (6 especies)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cordylidae." Encyclopædia Britannica. 2007.
- ↑ "Cordylidae." Bill Branch. 1998. Field Guide to Snakes and other reptiles of Southern Africa. Struik Publishers, Cape Town.
- ↑ 3,0 3,1 Bauer, Aaron M. (1998). Cogger, H.G. & Zweifel, R.G., ed. Encyclopedia of Reptiles and Amphibians. San Diego: Academic Press. pp. 160–161. ISBN 0-12-178560-2.
- ↑ [1]