Saltar ao contido

Yokohama F. Marinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NomeYokohama F. Marinos
Alcume(s)Mariños
Tricolore
Fundación1972 (52 anos)
EstadioNissan Stadium
Yokohama, Xapón
PresidenteXapón Toru Hasegawa
AdestradorFrancia Erick Mombaerts
LigaXapón J1 League
20221″
Na rede
https://www.f-marinos.com/
Facebook: yokohamafm Twitter: prompt_fmarinos Instagram: yokohamaf.marinos TikTok: yokohamaf_marinos Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Yokohama F. Marinos (横浜F・マリノス, Yokohama Efu Marinosu) é un equipo de fútbol xaponés da cidade de Yokohama. Xoga na J. League Division 1. O club pertence e está patrocinado pola empresa xaponesa Nissan e gañou o título J-League en tres ocasións. O uniforme tradicional do club é camiseta azul, pantalón branco e medias vermellas. Os partidos como local os disputa no Nissan Stadium, cuxa capacidade é de 72.327 asentos.

O club foi fundado en 1972 como Nissan Motors F.C. e en 1999 produciuse a fusión do Yokohama Mariños e Yokohama Flügels. O nome actual ten por obxecto reflectir a importancia tanto de Mariños como do legado do Flügels. O Yokohama F. Mariños é un dos clubs máis laureados do Xapón, pois conta con tres campionatos da J-League, sete Copas do Emperador e dous Recopas de Asia. Ademais, é o equipo que máis tempo leva na máxima categoría do fútbol xaponés e xoga no nivel superior desde a Liga Xaponesa de Fútbol de 1982.

No club militaron importantes xogadores e adestradores internacionais como Shunsuke Nakamura, Yuji Nakazawa, Julio Salinas, Jon Andoni Goikoetxea, Xabier Azkargorta, Ramón Anxo Díaz, Alberto Acosta e Nestor Gorosito. No amateurismo xogaban no estadio de béisbol.

En 1973, o equipo empezou baixo o nome de Nissan Motors FC con sede en Yokohama, e obtivo o ascenso á División 2 da Liga Xaponesa de Fútbol en 1976. A administración do equipo tomou as medidas necesarias para convertelo nun club ganador. É así que iniciaron a construción dunha relación de amizade cos colexios e universidades e creando equipos júnior para nenos das escolas. Da man do primeiro adestrador pago ou director profesional no Xapón Shu Kamo, o equipo gañou os campionatos en 1988 e 1989, así como a JSL e a Copa do Emperador gañando deste xeito os tres grandes torneos no Xapón nese momento.

En 1991, foi un dos membros fundadores da J. League. En 1998, logo de perder un dos seus principais patrocinadores, anunciouse que o club rival da cidade, o Yokohama Flügels fusionarase con Mariños. Desde entón, unha F foi introducida no nome para representar á participación do Flügels dentro club. Moitos inchas do Flügels rexeitaron a fusión e negáronse a seguir F. Mariños. Como resultado creouse o Yokohama FC, novo rival do F. Mariños na cidade.

Na tempada 2004 as estrelas do Yokohama Mariños foron o xogador surcoreano Ahn Jung-Hwan, e o xaponés Yuji Nakazawa, mellor futbolista da J. League do ano 2004. O adestrador foi o xaponés Takeshi Okada, mellor adestrador da Liga Xaponesa dos anos 2003 e 2004, e seleccionador nacional do Xapón no Mundial de Francia de 1998, o primeiro ao que se clasificou Xapón. En 2010, Shunsuke Nakamura, gloria do fútbol nipón, volve vestir a camiseta do Yokohama F. Mariños.

O equipo disputa os seus encontros no Estadio Internacional de Yokohama, tamén coñecido como Nissan Stadium,[1] cunha capacidade para 72.327 espectadores, e que foi unha das sedes onde se disputaron encontros da Copa Mundial de Fútbol de 2002. Con todo, os adestramentos lévanse a cabo no recentemente construído complexo Mariños Town no área Minato Mirai de Yokohama.

Xogadores

[editar | editar a fonte]
Categoría principal: Xogadores do Yokohama F. Marinos.
  1. "Manchester City reveals plan to invest in Yokohama F. Marinos". The Japan Times. AFP-JiJI. May 20, 2014. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2017. Consultado o 15 December 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.