Benjamin Constant
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Henri-Benjamin Constant de Rebecque 25 de outubro de 1767 Lausana, Suíza |
Morte | 8 de decembro de 1830 (63 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 29 Grave of Constant (en) |
Member of the Chamber of Deputies (en) | |
23 de xuño de 1830 – 8 de decembro de 1830 (finado no cargo) Lexislatura: Q51844406 Circunscrición electoral: Baixo Rin Electo en: 1830 French legislative election (en) | |
Member of the Chambre des députés des départements (en) | |
17 de novembro de 1827 – 16 de maio de 1830 ← Georges Humann (pt) Lexislatura: Q51844414 Circunscrición electoral: Baixo Rin Electo en: 1827 French legislative election (en) | |
Member of the Chambre des députés des départements (en) | |
25 de febreiro de 1824 – 5 de novembro de 1827 – Claude Tircuy de Corcelles (pt) → Lexislatura: Q61001737 Circunscrición electoral: Seine (pt) Electo en: 1824 French legislative election (en) | |
Member of the Chambre des députés des départements (en) | |
25 de marzo de 1819 – 17 de agosto de 1822 Lexislatura: Q3025325 Circunscrición electoral: Sarthe | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Edimburgo |
Actividade | |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | filósofo, autor de diarios, escritor, político, científico |
Período de actividade | 1779 - 1830 |
Xénero artístico | Novela |
Movemento | Liberalismo e Romanticismo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Charlotte de Constant de Rebecque |
Parella | Germaine de Staël |
Irmáns | Louise Marie Anne d'Estournelles Constant de Rebecque |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Encyclopedia of Political Theory (2010 ed.) (en) , (sec:Constant, Benjamin (1767-1830), p.287-289) Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Henri-Benjamin Constant de Rebecque, nado en Lausana o 25 de outubro de 1767 e finado o 8 de decembro de 1830, foi un filósofo, escritor e político franco-suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse con profesores particulares e máis tarde incorporouse a distintos centros e universidades, pois trasladouse con frecuencia coa súa familia por Europa. Así asistiu á Universidade de Erlangen, en Baviera, e á de Edimburgo no Reino Unido.
Unido sentimentalmente a Germaine de Staël, a súa colaboración intelectual converteulles nun equipo de traballo único. A principios do século XIX e até 1830 foi un político activo, membro da Asemblea Nacional situado na ala liberal e crítica. O seu modelo político trataba de imitar o inglés, ao que admiraba por diversos factores, tanto no político como no económico. Mostrouse contrario ás teorías que admiraban as antigas sociedades libres como as da Grecia Antiga, mesmo nunha Francia que coñecera o Consulado, ao considerar que estaban baseadas na escravitude da maioría para beneficio duns poucos, ademais de ser inaplicables a estados modernos moito máis grandes que os polis onde era imposible concentrar ao pobo nun foro para o debate público aberto e directo.
A súa teoría da liberdade baseábase na posesión e goce dos dereitos civís, do imperio da lei e da liberdade nun sentido amplo, confrontada neste sentido á actividade do Estado. Avogaba por unha serie de principios (entre eles a responsabilidade individual) sen os cales a sociedade sería un caos e a liberdade, inconcibible.
Obras súas de relevancia son Adolphe[1][2] ou O caderno vermello[3] (Le Cahier rouge).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Traducido por Xosé Manuel Beiras e publicado por Laiovento en 2020.
- ↑ Capítulo e breve análise da obra Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en etudes-litteraires-com. (en francés)
- ↑ Traducido por Marie Abraira e publicado pola Editorial Hugin e Munin en 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obras de Benjamin Constant. (en francés)
- Les chevaliers: roman héroïqueArquivado 03 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. (1779). (en francés)
- Institut Benjamin Constant en Lausanne (en francés)