Araks-N
Araks-N ou Arkon foi unha serie de dous satélites de recoñecemento rusos.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os Arkas-N eran satélites electroópticos de recoñecemento cunha resolución de entre 2 e 10 m cunha órbita alta para pasar máis tempo sobre os seus obxectivos. Foron construídos sobre a plataforma Arkon de NPO Lavochkin e montaban un telescopio de 1,5 m.[1][2]
Arkas-N 1 foi lanzado o 6 de xuño de 1997, mentres que Arkas-N 2 o foi o 25 de xullo de 2002, ambos mediante un Proton K/DM-5. Arkas-N 1 sufriu un fallo na batería nada máis ser lanzado. Funcionou catro meses ata quedar fóra de servizo. Arkas-N 2 funcionou durante un ano ata que o seu compartimento presurizado perdeu presión e deixou de funcionar. Valorouse lanzar un Arkas-N 3 coas partes de reposto dos dous primeiros, pero finalmente decidiuse acabar co programa.[1][2]