Vueling
Vueling Airlines | ||
---|---|---|
IATA VY | OACI VLG | Indicativo VUELING |
Fundación | febreiro de 2004 | |
Inicio das operacións | 1 de xullo de 2004 | |
Aeroporto principal | Barcelona-El Prat Roma-Fiumicino | |
Plan de voo frecuente | Punto | |
Frota | 59 | |
Destinos | 51 | |
Holding | International Airlines Group | |
Eslogan da compañía | Flying hoy means Vueling | |
Sede | El Prat de Llobregat (Barcelona) | |
Páxina web: http://www.vueling.com |
Vueling Airlines (pronuncia /ˈbwelin/) é unha aeroliña española con sede en El Prat de Llobregat, Barcelona, filial de Iberia. É a segunda aeroliña por tamaño de frota en España[1] (só superada pola súa matriz Iberia L.A.E.) e a terceira por número de pasaxeiros transportados[2] só superada por Iberia L.A.E. e a irlandesa Ryanair.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Comezou operacións en xullo de 2004 con base en Barcelona como aeroliña independente, aínda que tras a súa fusión con Clickair en 2009 é filial de Iberia. Existen numerosas discrepancias sobre a natureza da compañía, pois moitos coinciden en que se trata nunha aeroliña de baixo custo ou "low-cost" como Ryanair ou Easyjet, e outros a consideran unha aeroliña de nova xeración similar á súa fundadora JetBlue Airways ou a alemá Germanwings que xunto ao produto de baixo custo, ofrecen opcións premium.
A base principal de Vueling desde a súa creación e tamén a súa hub desde maio de 2010 está en Barcelona, mentres que conta con numerosas bases de operacións no resto de España nos aeroportos de Madrid, Sevilla, Bilbao, Palma, Málaga-Costa do Sol, Valencia, Alacant e Eivissa.[3] Desde 2011, conta tamén con dúas bases internacionais, unha en Ámsterdam-Schiphol e outra en Tolosa; sendo a única aeroliña española con bases fóra de España. Ademais, a compañía proponse medrar no resto de Europa coa apertura dunha nova base en Paris-Orly[4] onde xa opera frecuencias diarias internacionais a Zúric e a Roma xunto co resto de frecuencias a España. É tamén unha das tres únicas aeroliñas de baixo custo de Europa, xunto con Air Baltic e Norwegian Air Shuttle que operan voos en conexión, algo moi típico entre aeroliñas de baixo custo de América.
Frota
[editar | editar a fonte]En marzo de 2014 a frota de Vueling estaba composta por 72 aeronaves, cunha idade media de 7,2 anos.[5]
Avións | En Servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Ex | Ec | Total | ||||
Airbus A319-100 | 5 | 4 | — | 144 | 144 | |
Airbus A320-200 | 91 | 36 | — | 180 | 180 | |
186[6] | 186 | |||||
Airbus A321-200 | 5 | — | — | 220 | 220 | Catro recibidos en agosto de 2015. 1 operativo en 2016 |
Total | 101 | 40 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.airfleets.es/flottecie/Vueling%20Airlines.htm
- ↑ "Verano 2010: ranking de aerolíneas con más tráfico en los aeropuertos españoles" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 02 de febreiro de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2012. Consultado o 02 de febreiro de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2012. Consultado o 02 de febreiro de 2012.
- ↑ "Planespotters - Frota de Vueling". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2017. Consultado o 18 de marzo de 2014.
- ↑ "Airbus, Vueling takes delivery of its first enhanced comfort A320 cabin featuring the Airbus Space-Flex concept". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2015. Consultado o 14 de setembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vueling Airlines (en castelán)