Saltar ao contido

Aprendizaxe por proxectos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A aprendizaxe por proxectos é un modelo de pedagoxía construtivista que ten como propósito promover unha aprendizaxe profunda a través dun enfoque baseado en estimular no alumnado con indagacións en cuestións e conflitos que sexan ricos, reais e relevantes nas súas vidas.

Á hora de deseñar un proxecto é necesario partir dos coñecementos previos do alumnado, relacionalo cos obxectivos e competencias a acadar e ter en conta as súas propias achegas.

Definición

[editar | editar a fonte]

Léa Fagundes, en Aprendizes do Futuro, deu a seguinte definición: "Um projeto para aprender vai ser gerado pelos conflitos, pelas perturbações nesse sistema de significações, que constituem o conhecimento particular do aprendiz".

Nos proxectos de aprendizaxe as dúbidas e intereses do alumnado crean o propio proxecto, ao existir pola súa parte interese por resolver as súas dúbidas.

Definido por Hernández (1998) como "Proxectos de traballo", a aprendizaxe por proxectos dá pé a unha maior interacción entre profesorado e alumnado, visto que constrúe un universo de accións diversificadas que permiten a participación activa do alumnado. Ao longo do traballo por proxectos, o profesorado desempeña o papel de mediador, desaparecendo o seu rol detentor único do saber.

Propósito

[editar | editar a fonte]

A aprendizaxe por proxectos é deseñada para ser usada con cuestións complexas que esixan investigación por parte do alumnado para seren entendidas. Non parece ser válido o uso de proxectos na aprendizaxe de simple información enciclopédica ou de feitos. Por exemplo, pódese pedir ao alumnado que analice a calidade da auga dun río local para aprender sobre o ambiente local e outras cuestións ambientais que o afectan.

A aprendizaxe por proxectos introduce novas formas de aprendizaxe-ensino, máis aló da ruptura cos paradigmas antigos na forma secuencial de presentación dos contidos, na clasificación do alumnado en series (feitos estes quebrados totalmente co decorrer do proceso), e principalmente, na quebra das actitudes xerais ante o coñecemento, facendo posíbel a aquisición e construción do verdadeiro saber por parte de todas as persoas involucradas no proceso, a través das inumerabeis posibilidades de adquisición de información.

Deste xeito é posíbel que o alumnado desenvolva habilidades e competencias respecto a calquera temática, utilizando estratexias diferentes de aprendizaxa, de modo que a súa propia forma de aprender sexa contemplada ao longo do desenvolvemento do proxecto de aprendizaxe.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Este é un enfoque para actividades de aula que enfatiza a aprendizaxe a longo prazo, interdisciplinar e centrada no alumnado. Esta forma de aproximación adoita ser menos estruturada cás actividades tradicionais, centradas no profesorado; nunha aula con proxectos o alumnado precisa acotío organizar o seu propio traballo e xestionar o seu tempo. Esa estrutura prevé que o alumnado colabore entre si e traballe para entender o que están a facer. A aprendizaxe por proxectos tamén difire doutros enfoques na énfase que fai do traballo colaborativo, e tamén por se basear na bagaxe e recursos do alumnado para representar o que é aprendido.

Elementos

[editar | editar a fonte]

Algúns elementos para unha boa experiencia coa aprendizaxe por proxectos inclúen:

  • Cuestións ou conflitos que parten dos intereses e dúbidas do alumnado, e que sexan orixinais, reais e relevantes para as súas vidas;
  • Uso de tecnoloxías da comunicación e información;
  • Aprendizaxe centrada no alumnado e que promova que este faga uso deliberado da súa autonomía;
  • Colaboración
  • Compoñentes multidisciplinares;
  • Traballo a longo prazo; non é preciso que o proxecto sexa realizado en períodos de aula, nin sequera en tempo de aula;
  • Debe ser orientada aos resultados, cun estudo, presentación e acción, como resultado da indagación orixinal.

Tecnoloxías dixitais na axuda da aprendizaxe por proxectos

[editar | editar a fonte]

Nos proxectos auxiliados pola tecnoloxía dixital a informática dá unha nova dinámica a este novo modelo de educación. Facilita a interacción e a participación activa do alumnado, unha vez que poden elaborar os seus proxectos en grupos on-line, permanentemente conectados. Os seus contidos, así como a súa constante actualización, é feita instantaneamente e fica dispoñíbel para quen desexe acceder a ditos contidos. O uso de software libre, os ambientes virtuais de aprendizaxe (como o Moodle, o Açai, Chamilo ou o Teleduc) son ferramentas dispoñíbeis neste sentido que posibilitan, facilitan e enriquecen o traballo por proxectos. Nestes casos a participación é asíncrona, non instantánea.

Consideracións

[editar | editar a fonte]

Léa Fagundes, en Aprendizes do Futuro, achega a súa visión sobe este modelo:

Temos encontrado que esta inversão de papéis pode ser muito significativa. Quando o aprendiz é desafiado a questionar, quando ele se perturba e necessita pensar para expressar suas dúvidas, quando lhe é permitido formular questões que tenham significação para ele, emergindo de súa história de vida, de seus interesses, seus valores e condições pessoais, passa a desenvolver a competência para formular e equacionar problemas. Quem consegue formular com clareza um problema, a ser resolvido, começa a aprender a definir as direções de súa atividade.

Isto dá unha nova dimensión de ensino que ten en conta o desexo de aprender do alumnado, así como os seus coñecementos previos e a súa propia personalidade. O que aínda falta é saber moverse nese novo saber e conseguir auxiliar ao alumnado a desenvolver a súa intelixencia e avanzar na súa sabedoría.

Aplicación en Galiza

[editar | editar a fonte]

Non son moitos os centros de educación infantil e educación primaria que leven a cabo a aprendizaxe por proxectos. Algúns exemplos son [Cómpre referencia]:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Arias Correa, A. e Arias Correa, D.: O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Xunta de Galicia, 2009.
  • Barron, B.: "Doing with understanding: Lessons from research on problem- and project-based learning", en Journal of the Learning Sciences. 7(3&4), p. 271-311 (1998) (en inglés).
  • Blumenfeld, P.C. et al.: "Motivating project-based learning: sustaining the doing, supporting the learning", en Educational Psychologist, 26, p. 369-398 (1991) (en inglés).
  • Shapiro, B. L.: What Children Bring to Light: A Constructivist Perspective on Children's Learning in Science; Nova York. Teachers College Press (1994) (en inglés).
  • Helm, J. H. e Katz, L.: Young investigators: The project approach in the early years. Nova York: Teachers College Press, (2001) (en inglés).
  • Polman, J. L.: Designing project-based science: Connecting learners through guided inquiry. Nova York: Teachers College Press (2000) (en inglés).

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]