Aeroescudo
Un aeroescudo é un escudo térmico ríxido que protexe ó vehículo da presión e a calor producidos polo arrastre durante a entrada atmosférica, freándoo, e podendo protexelo de impactos de obxectos durante o voo espacial. Dentro de aeroescudo vai aloxado a carga útil xunto con equipamento como paracaídas, motores foguete e electrónica de control, como as unidades de medición inercial, que monitoriza a orientación do escudo durante o descenso en paracaídas.
Os aeroescudos son compoñentes clave nas misións espaciais interplanetarias. Foron usados durante o programa Apollo á Lúa na década dos anos 1960 e 1970, no programa Viking a Marte (1975), na misión Mars Pathfinder de 1997, nas misións dos Mars Exploration Rover do 2003 e noutras moitas misións.
Notas
[editar | editar a fonte]- "Lockheed Martin To Design Mars Science Lab Aeroshell". Mars Daily. 30 de marzo de 2006. Consultado o 1 de febreiro de 2010.
- "For Fuel Conservation in Space, NASA Engineers Prescribe Aerocapture". NASA. 17 de agosto de 2006. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 29 de xaneiro de 2021.
- Space travel guide
- Early Reentry Vehicles: Blunt Bodies and Ablatives