Tongatapu
(to) Tongatapu | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | xeografía de Tonga | ||||
Situado na entidade xeográfica | Tonga | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Tongatapu | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Dimensións | 17,8 () × 34,2 () km | ||||
Superficie | 260,48 km² | ||||
Tongatupu é a principal illa de Tonga, onde está a capital Nukuʻalofa, e a residencia do rei de Tonga, Siaosi Tupou V.
Características
[editar | editar a fonte]A illa é case un atol cuns cantís na costa sur e unha ampla lagoa ante a costa norte. A orografía presenta unha pendente suave desde o norte, ao nivel do mar, ata o sur máis elevado.
É a illa máis grande de Tonga, cun terzo da superficie total do país, e ademais a illa máis poboada, con dous terzos da poboación total, unha das illas con máis densidade de poboación do Pacífico sur.
O nome Tongatapu (tonga, sur; tapu, tabú ou sacro) significa "sacra do sur", e é a orixe do nome do reino de Tonga.
O primeiro europeo que arribou a Tongatapu foi o holandés Abel Tasman en 1643, que a bautizou como a illa Ámsterdan. En 1802, o barco estadounidense Portland foi o primeiro en ser capturado no Pacífico Sur. A tripulación foi masacrada, excepto Elisabeth Morey que se converteu na primeira muller náufraga e converteuse na muller do xefe local. Dous anos despois, cando estaban a piques de asaltar ao estadounidense Union, Morey avisoulles e puido fuxir con eles. E tras uns meses en Sydney, volveu a Tonga.
En Tongatapu atópase unha das maiores concentracións de restos arqueolóxicos do Pacífico. En Mu´a, a antiga capital, atópanse pirámides funerarias de pedra do século XVI. As tradicións orais recordan as condicións de escravitude coas que se erixiron as construcións monumentais.
Un dos monumentos máis intrigantes da Polinesia é o trílito de Ha´amonga´a Maui. Construído no século XIII, consta de dous alicerces de 40 toneladas cun lintel de 9 toneladas. Especulouse moito sobre a súa función, pero o único que se sabe é que está aliñado coa saída e posta de sol no solsticio de inverno.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Palacio real, a residencia do rei de Tonga.
- Nukuʻalofa, a capital do reino de Tonga.
- Muʻa, segunda cidade de Tongatapu e antiga capital.
- Langi, lugar de enterramento dos antigos reis.
- Mapu a Vaea, arrecife de coral erosionados.
- Hufangalupe, ponte natural.
- Pangaimotu, illa turística preto de Nuku´alofa.
- Lugar de desembarco do Capitán Cook.
- Haʻamongaʻa Maui, trílito monumental.
División de Tongatapu
[editar | editar a fonte]A división administrativa de Tongatapu consta, ademais da illa principal de Tongatapu, de diversas illas menores próximas habitadas. Subdivídese en sete distritos e todas as illas dependen dalgún distrito de Tongatapu. O grupo de Tongatapu inclúe as divisións de Tongatapu e ´Eua e, administrativamente, o grupo Niuas.
Illa | Poboación (1996) | Área (km²) | Densidade |
---|---|---|---|
´Ataa | 2 | 0,22 | |
´Atataa | 234 | 0,52 | 450,0 |
´Eueiki | 56 | 1,06 | 52,8 |
Fafaa | 10 | 0,09 | 111,1 |
Nukunukumotu | 24 | 1,32 | 18,2 |
´Oneata | 3 | 0,06 | |
´Onevai | 8 | 0,03 | |
Pangaimotu | 29 | 0,13 | 223,1 |
Velitoa Hahake | 10 | 0,01 | |
Velitoa Hihifo | 17 | 0,01 | |
Tongatapu | 66.586 | 257,03 | 259,1 |
TOTAL | 66.979 | 260,48 | 257,1 |