Sabela (peixe)
Sabela Alosa fallax | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alosa fallax | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Alosa fallax (Lacépède, 1800) |
Unha sabela (Alosa fallax)[1] é un peixe da familia dos clupeidos moi semellante á zamborca, polo que tamén se coñece con este nome.[2][3]
Características
[editar | editar a fonte]De corpo alongado, fusiforme, comprimido lateralmente, de até algo máis de 60 cm de lonxitude nas femias (os machos son máis pequenos) e 1,5 kg de peso e alonga, ten a aleta dorsal no medio do lombo, algo máis cerca da cabeza que do pedúnculo caudal. Ten de 60 a 65 escamas sobre a liña lateral.[3][4]
A coloración é azul verdosa no dorso e prateada nos flancos e na rexión ventral. Presenta unha ou dúas manchas negras detrás do opérculo e de 6 a 10 pintas, tamén negras, a cada lado o corpo.[3][4]
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]A sabela distribúese polas costas do Atlántico nororiental, desde o sur de Islandia e o golfo de Botnia até o extremo norte do noroeste africano, e por todo o Mediterráneo, até o oeste e o sur do mar Negro, formando cardumes.[4][5]
É unha especie anádroma, que penetra nos esteiros salobres e sobe polo grandes ríos na primavera para a reprodución. Esta realízase en fondos de area ou grava, e a femia pon uns 200 000 ovos, peláxicos, que van á deriva e se desenvolven rapidamente, nun período de 2 a 8 días. Despois da desova, os adultos regresan ao mar.[4]
As crías permanecen nos ríos e esteiros até que alcanzan os 5 ou 6 cm de lonxitude. Acadan a madurez sexual aos 3 ou 4 anos, cando miden de 30 a 40 cm.[4]
Aliméntase de zooplancto de larvas der peixes.[3][4]
En Galicia
[editar | editar a fonte]A presenza da sabela en Galicia foi rexistrada por de Buen en 1935, en fondos da plataforma continental menores de 200 m, desde a desembocadura do Miño até Fisterra.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario de Alimentación e Restauración - Real Academia Galega e Xunta de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Ríos Panisse (1977)
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Rodríguez Viilanueva et al. (1995), pp. 26-27.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Muus, Preben J. (1998), pp.92-93.
- ↑ Ver mapa de distribución en FishBase.
- ↑ Solórzano et al, (1988), p. 19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sabela |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
- Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alosa fallax (Lacepède, 1803) en FishBase. (en inglés) Contén informacións sobre a especie, numerosas imaxes e mapa de distribución.