Saltar ao contido

It (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Véxase tamén: It.
It (novela)
Título orixinalIt
Autor/aStephen King
OrixeEstados Unidos de América
Lingualingua inglesa
Xénero(s)ficción de horror
EditorialQanun
Data de pub.15 de setembro de 1986
editar datos en Wikidata ]

It (en galego, «Iso») é unha novela de terror publicada en 1986 polo escritor estadounidense Stephen King. Conta a historia dun grupo de rapaces que son atemorizados por un malvado monstro -ao que chaman «Iso»- que é capaz de cambiar de forma, alimentándose do terror que produce nas súas vítimas.

Argumento

[editar | editar a fonte]

A historia preséntase alternada en dúas épocas: o pasado (1957-58) e o presente (1984-85). Os feitos acontecen na comunidade de Derry, no estado de Maine, Estados Unidos. Baixo a cidade, a un nivel inconsciente para tódolos poboadores, un monstro desapiadado de apetito insaciable atormenta á comunidade dende tempos remotos. Este monstro é un ser doutro mundo, capaz de ler as mentes e provocar os medos, os cales constitúen o seu alimento (preferiblemente os dos nenos, pois os seus medos son moi sinxelos de elaborar). O seu disfrace mais común é o de pallaso, chamado Pennywise, o pallaso bailarín, co que atrae as súas xoves vítimas, ás cales aterrará ata a morte. Unha vez saciado o seu apetito, dorme durante case tres decenios, ata que volve a despertar para alimentarse e fartarse, cumprindo así un ciclo sen fin.

Aínda que permanece oculto a maior parte do tempo, enfrontarase dúas veces cos protagonistas da historia; sete rapaces que fanse chamar «Os perdedores». Os seus nomes son: Bill Denbrough, Ben Hanscom, Beverly Marsh, Richie Tozier, Eddie Kaspbrak, Mike Hanlon e Stan Uris.