Hamlet (cráter)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Hamlet.
Hamlet | |
---|---|
Datos xerais | |
Tipo | Cráter de impacto |
Corpo astronómico | Oberón |
Epónimo | Príncipe Hamlet (pt) |
Datos xeográficos | |
Coordenadas | 46°06′S 44°24′L / -46.1, 44.4 |
Diámetro | 206 km |
Localización | |
Identificadores | |
GoPN | 2340 |
Hamlet é o cráter máis grande da lúa do planeta Urano, Oberón. Ten un diámetro do redor de 206 km e sería bautizado co nome da personaxe principal da obra de William Shakespeare, Hamlet. O cráter ten unha superficie escura e está rodeado por un brillante sistema de raios, os cales xurdiron do xeo expulsado despois do impacto e depositado pouco despois dando lugar ó citado sistema de raios.[1] A natureza do material escuro da superficie interior do cráter é descoñecida, pero podería ser material procedente do interior da lúa. O cráter foi fotografado por primeira vez pola sonda espacial Voyager 2 en xaneiro do 1986.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ USGS Astrogeology (ed.). "Oberon: Hamlet". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 06-01-2009.
- ↑ Smith, B.A.; Soderblom, L.A.; Beebe, A. e o seu equipo. (1986). "Voyager 2 in the Uranian System: Imaging Science Results". Science 233: 97–102. PMID 17812889. doi:10.1126/science.233.4759.43.