Saltar ao contido

Albertine Sarrazin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlbertine Sarrazin
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Alxer Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xullo de 1967 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Montpellier, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLes Matelles Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, poetisa, prostituta Editar o valor en Wikidata
MovementoLiteratura proletaria Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0765535 Allocine: 96736 Allmovie: p314557
BNE: XX1125532 Discogs: 2646209 Editar o valor en Wikidata

Albertine Sarrazin, nada o 17 de setembro de 1937 en Alxer, e finada o 10 de xullo de 1967 en Montpellier, foi unha escritora relevante na literatura francesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Non é dodado reconstruír a súa historia porque non hai moita información da primeira etapa da súa vida. Parece ser que o seu pai, foi un médico militar destinado en Alxer (capital da entón colonia francesa de Alxeria) que deixou embarazada unha criada española, e obrigouna a ceder á nena á Asistencia Pública onde recibiu o nome de Albertine Damien. Posteriormente adoptouna, sen revelar o seu parentesco nin á súa filla nin á súa esposa.[1] Moitos anos despois da morte de Albertine Sarrazin, hai testemuños baseados en declaracións de Julien Sarrazin (quen foi o seu marido) que o pai natural era tamén o pai adoptivo, o tenente coronel médico Amédée Maurice Antoine Renoux, francés de Lión.[2]

Tras a xubilación do médico a familia regresa a Francia e instálase en Aix-en-Provence. Criouse nun ambiente de educación ríxido, no seo dunha familia burguesa. Un acontecemento tráxico marcou a súa vida: foi violada aos dez anos. De carácter difícil e pouco disciplinado foi internada nun reformatorío de Marsella, o Bon Pasteur, no que tiñan o costume de rebautizar ás internas: ela sería Annick, un alcume que conservaría toda a súa vida.

O carácter rebelde da súa mocidade perdurou o resto da súa existencia que estivo marcada pola súa relación coa delincuencia, a prostitución e as fugas dos cárceres. Lembra a súa peripecia vital á de Jean Genet: ambas persoas marcadas por unha infancia e adolescencia desgraciadas que viven á marxe das normas.

Ao terminar o bacharelato fuxiu a París. Alí atopouse cunha compañeira do reformatorio, levando unha existencia desordenada. As dúas mozas foron detidas e condenadas. Albertine, despois dunha estancia en Fresnes, foi transferida á prisión escola de Doullens, da que fuxiu o 19 de abril de 1957, saltando un muro, e rompendo o astrágalo. Un paseante axudouna e curouna: era Julien Sarrazin, con quen casou dous anos máis tarde. Encerrada de novo, escribeu dúas novelas, A fuga e L'Astragale, que tiveron un enorme éxito. Libres e famosos, Albertine e Julien non foron felices moito tempo: Albertine morreu en Montpellier aos trinta anos, nunha mesa de operacións, cunha morte infestada de erros médicos, unida aos estragos producidos polo alcol.[3]

A lectura de L'Astragale, serviu de inspiración ao escritor Henri Charriere (Papillon) para escribir as súas memorias carcerarias, as súas fugas e horrores vividos en diferentes prisións durante 30 anos, entre 1931 e 1961.[4]

O doutor en filoloxía francesa e escritor, Antonio Bueno García, na súa tese Las formas de la autobiografía en Albertine Sarrazin (1993),[5] estudou en profundidade a escritura intimista de Albertine Sarrazin, descubrindo os mecanismos e fundamentos da súa expresión autobiográfica.[6]

Deixou escritas tres novelas e varios artigos. A súa obra máis importante foi L'Astragale, novela na que conta a súa experiencia carcelaria (o astrágalo é un óso do pé que Albertine fracturou ao saltar, cando fuxiu da prisión e que a deixou coxa para sempre).

  • 1965: L'Astragale.[7]
  • 1968: La Cavale.[8]Adaptada ao cinema por Michel Mitrani en 1971)[9]
  • 1966: La Traversière
  • 1969: Romans, lettres et poèmes. Éditions Pauvert.
  • 1969: Poèmes. Éditions Pauvert.
  • 1971: Lettres à Julien. Éditions Pauvert.
  • 1973: La Crèche, Bibiche, l'Affaire Saint-Jus, le Laveur (nouvelles, éditions Sarrazin.
  • 1974: Lettres de la vie littéraire. Éditions Pauvert.
  • 1976: Biftons de prisón.
  1. Rodríguez, Vivi Alfonsín (2023-09-27). "Albertine Sarrazin. Encierro y escritura". Pikara Magazine (en castelán). Consultado o 2024-06-27. 
  2. "La vita di Albertine Sarrazin". Albertine Sarrazin (en italiano). Consultado o 2024-06-27. 
  3. Sección de biografía en Sarrazin, A. (1967). El astrágalo. Editorial Lumen. 
  4. "Papillon". Consultado o 29-noviembre-2023. (francés/español)
  5. "Teseo". www.educacion.gob.es. Consultado o 2024-06-29. 
  6. Bueno García, Antonio (1995). Albertine Sarrazin: la autobiografía en la prisión. Literatura. Valladolid: Secretariado de Publ., Univ. de Valladolid. ISBN 978-84-7762-483-7. 
  7. Mujica Láinez, Manuel (1985). Bomarzo. Literatura contemporánea. Barcelona: Seix Barral. ISBN 978-84-322-20333. 
  8. Sarrazin, Albertine (1968). La fuga. Lumen. ISBN 978-84-264-1024-5. 
  9. "La cavale (1971)" (en castelán). Consultado o 2024-06-29.