Sebastopol
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2014.) |
Севастополь (ru) | |||||||
Himno | Legendary Sevastopol (en) | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Alcume | Севас e Севас | ||||||
Localización | |||||||
| |||||||
Territorio reivindicado por | Ucraína e Resolução 68/262 da Assembleia Geral das Nações Unidas (pt) e Rusia | ||||||
Estado | Rusia | ||||||
Capital de | |||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 485.386 (2022) (562,05 hab./km²) | ||||||
Lingua oficial | lingua ucraína (lingua oficial) lingua rusa | ||||||
Xeografía | |||||||
Superficie | 863,6 km² | ||||||
Bañado por | Mar Negro | ||||||
Altitude | 15 m-100 m | ||||||
Comparte fronteira con | |||||||
Datos históricos | |||||||
Precedido por | |||||||
Creación | 1783 | ||||||
Sucedido por | República da Crimeia (pt) | ||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
• Governor of the City of Sevastopol (en) | Mikhail Razvozhayev (pt) | ||||||
Órgano lexislativo | Sevastopol Municipality (en) , | ||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 99000–99699 | ||||||
Fuso horario | |||||||
Prefixo telefónico | 0692 | ||||||
ISO 3166-2 | UA-40 | ||||||
Outro | |||||||
Irmandado con | Ferrara Kronstadt (pt) Petropavlovsk-Kamchatski (pt) Galați (pt) Belgorod San Petersburgo (2000–) Severodvinsk (pt) (2015–) | ||||||
Páxina web | sevastopol.gov.ru | ||||||
Sebastopol[1] (en ucraíno e ruso: Севастополь, tr. "Sevastopol"; en tártaro de Crimea: Aqyar) é unha cidade situada na península de Crimea. Ten 379.200 habitantes (2007), na súa maioría rusos (71,6 %), seguidos dos ucraínos (22,4 %). É un importante porto do Mar Negro. Conta cunha base naval de utilización conxunta para a Mariña Rusa e a Mariña Ucraína. A súa situación política é disputada entre Rusia e Ucraína. Rusia goberna a cidade baixo o status de cidade federal, limitando coa República de Crimea. Pola súa parte o goberno de Ucraína estende as súas reclamacións sobre a cidade tamén ao resto da península de Crimea.
Historia
A cidade fundouse en 1783 ao anexionar Rusia a península de Crimea, pola súa posición estratéxica converteuse nunha importante base naval e máis tarde nun porto comercial. En 1797 a cidade pasou a se denominar Akhtiar, nome dun asentamento tártaro nas súas proximidades, en 1826 a cidade recuperou o seu nome actual. Sebastopol foi teatro de operacións en diferentes conflitos bélicos, permaneceu asediada durante once meses (1854-1855) durante a Guerra de Crimea, foi sede dende 1918 ata 1920 do cuartel xeral do Exército Branco baixo o mando de Piotr Nikolaievich Wrangel e na segunda guerra mundial sufriu o asedio alemán durante 250 días (1941-1942) que aniquilou a gran parte da poboación. Durante a época da Unión Soviética Sebastopol foi unha cidade pechada, dependente directamente das autoridades centrais.
Incorporación a Rusia
En marzo de 2014, despois do Referendo de Crimea de 2014, a cidade de Sebastopol xunto coa recentemente creada República de Crimea, solicitaron a súa incorporación á Federación Rusa.