Saltar ao contido

Salma Hayek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaSalma Hayek

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Salma Valgarma Hayek Jiménez Editar o valor en Wikidata
2 de setembro de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Coatzacoalcos (México) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoArab Mexican (en) Traducir, Inmigración española en México e Lebanese Mexicans (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónStella Adler Studio of Acting (en) Traducir
Academy of the Sacred Heart (en) Traducir
Universidad Iberoamericana (pt) Traducir
Ramtha's School of Enlightenment (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo México Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de cinema, actriz, cantante, actriz de dobraxe, actriz de televisión, directora de cinema, produtora, produtora de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeFrançois-Henri Pinault (2009–) Editar o valor en Wikidata
FillosValentina Paloma Pinault Editar o valor en Wikidata
ParentesMathilde Pinault, fillastra
François Pinault, fillastro
François Pinault, husband's father
Laurence Pinault, husband's sister
Dominique Pinault, esposo do irmão Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000161 Allocine: 8758 Rottentomatoes: celebrity/salma_hayek Allmovie: p199082 TCM: 83266 Metacritic: person/salma-hayek TV.com: people/salma-hayek
Facebook: SalmaHayek Twitter: salmahayek Instagram: salmahayek BNE: XX1266000 iTunes: 27695381 Last fm: Salma+Hayek Musicbrainz: e43110c3-6f41-4ba3-9c22-1f90b1792193 Discogs: 518337 WikiTree: Hayek_Jimenez-1 Genius: Salma-hayek Editar o valor en Wikidata

Salma Valgarma Hayek-Jiménez, nada en Coatzacoalcos (Veracruz) o 2 de setembro de 1966[1], é unha actriz mexicana, máis coñecida como Salma Hayek. Nomeada ós Premios Oscar da Academia como mellor actriz pola súa interpretación en Frida.

Traxectoria

Os seus pais son o político e home de negocios Sami Hayek Dominguez, e a cantante de ópera Diana Jiménez. De pequena estudou en Luisiana (Estados Unidos de América) e viviu en Texas. De regreso a México estudou Relacións Internacionais, pero deixou os seus estudos universitarios polos de actuación.

O seu primeiro traballo artístico foi na obra Aladino e a lámpada marabillosa, onde a viu un produtor de televisión que lle ofreceu un papel na súa primeira telenovela Un Nuevo Amanecer en Televisa. A súa impactante beleza causou que o seu segundo papel fóra de protagonista na telenovela Teresa, que foi un grande éxito.

Malia ese grande éxito, decidiu deixalo todo en México e volver empezar nos Estados Unidos. Estudou interpretación nos Ánxeles (California) e obtivo pequenos papeis nalgunhas películas menores e programas de televisión por cable. O seu primeiro gran papel foi na película Desperado con Antonio Banderas. O director da película, Robert Rodríguez, elixiuna para actuar de novo con Bandeiras en Four Rooms, Spy Kids e a secuela de Desperado (O mexicano, ademais de Aberto ata o amencer con George Clooney. Actuou noutras películas con Penélope Cruz, Mike Myers, Will Smith, Matt Damon, Pierce Brosnan e a súa parella por varios anos, Edward Norton.

En 2002 presentouse a súa película Frida sobre a pintora mexicana Frida Kahlo, o traballo de varios anos da súa compañía de produción (Ventana Rosa) resultou nomeada en 6 categorías dos Oscar incluíndo Mellor Actriz para Hayek. O filme obtivo 2 premios (Maquillaxe e Música Orixinal).

Desde 2004 o seu rostro é o estandarte de Avon, anteriormente fixo a mesma función para Revlon en 1998. Ademais é considerada unha das actrices mellor vestidas de Hollywood.

En marzo de 2007 dáse a coñecer que está embarazada e comprometida co empresario francés François-Henri Pinault, cuxa firma é propietaria de Gucci e Yves Saint Laurent.

Filmografía

Televisión

Telenovelas

Premios

Ano Categoría Película Resultado
2003 Oscar á mellor actriz Frida Candidata
Ano Categoría Película Resultado
2003 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama Frida Candidata

Notas