Pazo dos Duques de Braganza
Pazo dos Duques de Braganza | |
---|---|
Concello | Guimarães |
Provincia | Distrito de Braga |
Comunidade | [[Norte de Portugal Portugal]] |
Coordenadas | 41°26′48″N 8°17′28″O / 41.44659, -8.29121 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (século XV) |
Estilo actual | Borgoñón (século XIX) |
Estado actual | romanticista |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Pazo dos Duques de Braganza (en portugués: Paço dos Duques de Bragança ou simplemente Paço dos Duques) é unha pazo construído no século XV, en Oliveira do Castelo, Guimarães, por Afonso I, duque de Braganza para a súa amante, para teren unha residencia luxuosa para os dous cando este fose rei. O estilo borgoñón deste palacio reflecte os seus gustos, adquiridos nas viaxes por Europa, aínda que o aspecto actual foi recreado, de forma polémica, durante o Estado Novo (a II República portuguesa de Salazar no século XX).
Historia
Foi erguido no século XV por iniciativa de Afonso I de Braganza, moi preto do castelo medieval de Guimarães de . De estilo borgoñón, ficou desocupado e en ruínas cando os duques se mudaron para o Pazo Ducal de Vila Viçosa, en Évora, período no que o edificio foi perdendo aos poucos a súa forma orixinal que, actualmente, permanece ignorada.
En 1933, durante o o goberno de António de Oliveira Salazar, foi transformado en residencia oficial do presidente, após unha campaña de restauración polémica.
Características
Algunhas salas no seu interior compoñen un museo, onde destacan tapetes persas, tapices flamengos (con temática sobre as conquistas portuguesas no Norte de África) e pinturas, como o Cordeiro Pascal de Josefa de Óbidos ou o retrato de Catarina de Braganza.
En homenaxe ás proezas marítimas dos portugueses, o teito da sala de banquetes reproduce o casco virado dunha carabela.
No primeiro semestre de 2015 tivo 137.402 visitantes[1].
Galería de imaxes
-
O palacio en ruínas nun gravado de 1861.
-
Fachada principal.
-
Pazo visto dende o Castelo de Guimarães.
-
Patio central decorado para evento.
-
Fachada leste.
-
Teito do Salón Nobre.
-
Réplica dun dos Tapices de Pastrana.
-
Salón Nobre.
-
Sala de Armas
-
Salón de San Miguel.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pazo dos Duques de Braganza |