Paulo de Carvalho
Nome orixinal | (pt) Manuel Paulo de Carvalho da Costa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de maio de 1947 (77 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor |
Período de actividade | 1965 - |
Xénero artístico | Fado |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Philips Movieplay Farol Polydor Records Universal Music Group |
Participou en | |
1977 | Festival Eurovisão da Canção 1977 (pt) |
1977 | OTI Festival 1977 (en) |
1974 | Festival Eurovisão da Canção 1974 (pt) |
1964 | Festival RTP da Canção |
Premios | |
Páxina web | paulodecarvalho.pt |
Manuel Paulo de Carvalho Costa, nado en Lisboa o 15 de maio de 1947, foi un cantante portugués.
Traxectoria
Comezou como batería. En 1962 foi un dos fundadores dos Sheiks. O éxito da banda, á que chamaran «os Beatles portugueses», púxolle fin ás súas veleidades futbolísticas nos xuvenís do Benfica.
En 1968 a chamada a filas púxolle fin á banda. Regresado á vida civil formou parte de varios grupos, entre eles a Banda 4 e o proxecto Fluido, que fundou, e o Thilo´s Combo. A pesar de que nos dous primeiros proxectos foi o vocalista principal, só en 1970 inicia unha auténtica carreira de solista ao ser convidado para cantar "Corre Nina", no Festival RTP da Canción.
Vence o Premio de Imprensa para mellor cantante de 1970. Entre tanto comeza a traballar co cantante e compositor Manolo Díaz. Volta ao Festival RTP da Canción con Flor Sem Tempo.
En 1973 viaxou a Madrid para gravar o seu primeiro LP. En 1974, venceu o Festival RTP da Canción, con E Depois do Adeus. Esta canción foi unha das señas para o Movimento dos Capitães na Revolución dos Caraveis. Foi o representante portugués ese ano no festival da Eurovisión.
Entre tanto inicia unha colaboración co músico Júlio Pereira da que resultan os álbums Não de costas mas de frente e M.P.C.C.. Estreouse como compositor coa canción Lisboa Menina e Moça, feita famosa por Carlos do Carmo, en 1976. En 1977 vence o Festival da Canción con Os Amigos.
O álbum Desculpem qualquer coisinha, de 1985, para o cal convidou o guitarrista Alcino Frazão, inclúe o grande éxito Meninos de Huambo. É o seu primeiro disco de Ouro.
O disco Alma de 1994, gravado en Londres coa Royal Philarmonic Orchestra, inclúe unha versión de Pomba branca, en dueto con Dulce Pontes.
Movieplay lanzou en 2004 unha Antoloxía, seleccionada por José Niza, con 40 das súas mellores cancións. Tamén nese ano, a Universal Music Portugal publicou a colectiva Paulo de Carvalho.
En 2006 acepta o convite da editora Farol Música para regravar algunhas das súas mellores cancións. Tamén se lanza o disco Vida que se torna un grande éxito.
Discografía (LP/CD)
- Paulo de Carvalho - 1971
- Eu, Paulo de Carvalho - 1971
- Paulo - 1974
- Não de Costas Mas de Frente - A Música em Que Vivemos - 1975
- MPCC - 1976
- Paulo de Carvalho - 1977
- Vol. 1 - 1978
- Cantar de Amigos (con Tozé Brito)- 1979
- Até Me Dava Jeito - 1980
- Abracadabra - 1981
- Cabra Cega - 1982
- Desculpem Qualquer Coisinha... - 1985
- Homem Português - 1986
- Terras da Lua Cheia - 1987
- Só Nós Três (con Carlos Mendes e Fernando Tordo) - 1989
- Gostar de Ti - 1990
- Alma - 1994
- 33...Vivo - 1995
- Mátria - 1999
- Antologia 40 Anos - 2002
- Cores do Fado - 2004
- Paulo de Carvalho - 2004
- Vida- 2006
Cancións máis destacadas: Mae Negra (preludio); E Depois do Adeus ; Flor sem Tempo ; Liboa Menina e Moca ; Vida Fria e Nini.