Macizo
Aparencia
Un macizo[1] é, en xeoloxía, unha sección da codia terrestre que está demarcada por fallas ou fendas en áreas rochosas ou en materiais sólidos. No movemento da codia, un macizo tende a reter a súa estrutura interna ao ser desprazado na súa totalidade. O termo é usado tamén para referirse a un grupo de montañas formadas por tal estrutura. O macizo é unha unidade estrutural da codia, menor que as placas tectónicas.
Notas
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para macizo.