La Raza (Ourense)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Raza.
La Raza | |
---|---|
Localidade | Ourense |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Raza foi un periódico editado en Ourense en 1918.
Historia e características
Aínda que existía un proxecto para poñelo en marcha xa en febreiro de 1917,[1] fundado por Luis Antón del Olmet, no que figuraba como director Basilio Álvarez e Antonio Buján como xerente; finalmente viu á luz un ano despois, o 20 de febreiro de 1918, como defensor da candidatura de Luis Antón del Olmet para deputado a Cortes polo distrito de Verín nas eleccións do 24 de febreiro.[2][3] Dirixido por Basilio Álvarez, cesou a súa publicación en agosto de 1918.[4].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Olmet, Luis Antón del (1918). Galicia, llora (PDF). Madrid: Antonio Marzo. Consultado o 21 de agosto de 2013.