Saltar ao contido

Karel van Mander

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:BiografíaKarel van Mander

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(nl) Carel van Mander Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementomaio de 1548 Editar o valor en Wikidata
Meulebeke, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de setembro de 1606 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Ámsterdam, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOude Kerk Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e estudo da historia da arte Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador da arte, poeta, biógrafo, escritor, pintor, artista visual Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoManierismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresLucas de Heere (pt) Traducir e Pieter Vlerick (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosFrans Hals Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
FillosKarel van Mander Editar o valor en Wikidata
IrmánsAdam van Mander Editar o valor en Wikidata
ParentesJan van der Mander, sobriño Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteThe Great Theatre of Dutch Painters (en) Traducir, (sec:Karel van Mander)
Het Gulden Cabinet (en) Traducir, (sec:Carel van Mander Konstich Figuer-Schilder van Hollandt, in't groot en cleyn, Het Tweede Deel, pag. 314)
Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:von Mandern/ Mahler und Poet von Meulebreck/ der ältere. 276 der jüngere. 320, 320) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1421289

Karel van Mander, nado en Meulebeke en maio de 1548 e finado en Ámsterdam o 2 de setembro de 1606, foi un pintor, poeta e biógrafo flamengo.

traxectoria

Continencia de Escipión de Karel van Mander (1600), óleo sobre coiro, 44 x 79 cm. Rijksmuseum, Ámsterdam.

Nado no seo dunha familia nobre de Meulebeke, realizou a súa aprendizaxe con Lucas de Heere en Gante, e entre 1568 e 1569 con Pieter Vlerick en Kortrijk. Nos cinco anos seguintes dedicouse a escribir obras de teatro de carácter relixioso, para as que tamén realizou os decorados. Posteriormente pasou tres anos en Roma (1574-1577). De volta desta viaxe pasou por Viena, onde en compaña do escultor Hans Mont, construíu o arco de triunfo para a entrada do emperador Rodolfo II.

Logo de variadas vicisitudes causadas pola guerra, a perda da súa fortuna e a enfermidade, instalouse en Haarlem, onde xunto con Hendrik Goltzius e mais Cornelis Cornelisz. van Haarlem, fundou unha exitosa academia de pintura.

O Schilderboek

Porén, a súa fama provén fundamentalmente do seu libro Schilderboeck ("Libro dos pintores"), un voluminoso conxunto de biografías de pintores, que chegou adquirir para os países do norte de Europa unha importancia semellante á de Le Vite de' più eccellenti pittori, scultori, e architettori, de Vasari para Italia. Esta obra rematouna no ano 1603, publicándoa ao ano seguinte, 1604, coincidindo coa súa mudanza para Ámsterdam, onde falecería no 1606.

Van Mander influíu de xeito notábel na literatura sobre arte dos séculos XVII e XVIII, así entre outros, Cornelis de Bie e Arnold Houbraken imitaron a súa Schilderboeck.

Mestre de Frans Hals

Van Mander foi mestre de Frans Hals, aínda que parece que a influencia sobre o seu pupilo non foi tan importante - de certo Hals estaba en desacordo coa convencional crenza de Mander de que a pintura de tema histórico ocupaba o lugar preeminente na xerarquía dos xéneros.

Véxase tamén

Ligazóns externas