Saltar ao contido

Illas Antípodas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Modelo:Xeografía políticaIllas Antípodas
Antipodes Island Group (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 49°40′15″S 178°45′59″L / -49.6709, 178.766403
Xeografía
Parte de
Superficie22 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude12 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount Galloway (en) Traducir (366 m) Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data?
Data de remate1998
Identificador877-003

As illas Antípodas constitúen un arquipélago deshabitado situado a uns 650 quilómetros ao sueste de Illa Stewart, Nova Zelandia, a 49°41´ Sur, 178°48´ Este.

O grupo consiste nunha illa principal ao norte, illa de Bollons, de 60 quilómetros cadrados de área, e numerosos illotes pequenos e próximos. O punto máis alto é monte Galloway (402 m).

O seu nome foi herdado polo concepto do lugar oposto xeograficamente a outro, dado polos ingleses que as consideraron os antípodas da Gran Bretaña, aínda que en realidade sono do norte de Francia.

Historia

É breve, apenas unhas anécdotas:

  • O capitán Henry Waterhouse da mariña británica chegou a estas illas por primeira vez en 1800, a bordo do buque HMS Reliance.
  • Intentouse establecer gañado nas illas, pero non foi posible, e abandonouse a idea.
  • Cando a nave Spirit of Dawn encallou en 1893 na costa de Bollans, once sobreviventes mantivéronse durante case tres meses vivindo cunha dieta de aves crúas. Curiosamente, na outra punta da illa había un depósito náufrago ben provisto. Este depósito foi atopado e utilizado pola tripulación do Presidente Félix Faure que naufragou na baía en 1908.
  • O último naufraxio nas Antípodas foi o do iate Totorore, coa perda de 2 vidas en 1999.
  • En 1886 descubriuse un fragmento de cerámica antiga polinesia enterrado na illa principal, o que indica visitas anteriores. O fragmento, ao parecer un anaco de cunca, exponse no museo Te Pápa Tongarewa ("o noso lugar"), o museo nacional de Nova Zelandia en Wellington.

Flora e fauna

Bollans é unha illa rica sobre todo en numerosas especies de aves, algunhas endémicas como o albatros de Antípodas, o periquito de Antípodas, e algunhas galináceas. Tamén acolle cerca do 50% da poboación mundial de pingüíns de crista erecta. A flora das illas rexistrouse detalladamente, e inclúe algunhas especies de plantas coñecidas como megaherbs.