Ferroaliaxe
Ferroalixe ou ferroliga é o nome de variss aliaxes que conteñen ferro e outro metal, como níquel, cromo e outros elementos (como o silicio ou o carbono) en diversas proporcións. Estas aliaxes presentan propiedades superiores ás dos aceiros normais e, por iso, poden soportar requirimentos mecánicos e corrosivos extremos.
Úsanse durante os procesos de fabricación dos aceiros especiais. Cando o aceiro se encontra en estado líquido, adiciónanse as ferroaliaxes para mudar a composición do aceiro e dar unha característica especial a este.
As ferroaliaxes máis comúns son o ferromanganeso, o ferrosilicio e o ferrocromo. Cada elemento dá unha propiedade especial ao aceiro como o aumento da súa dureza, resistencia á corrosión, maior maleabilidade, etc.
Produción e utilización
Unha ferroaliaxe parécese máis a unha materia prima que a un produto acabado ou semiacabado. Xeralmente é un produto secundario da produción de metais non ferrosos; a súa pureza e a súa riqueza neste metal depende esencialmente do proceso de fabricación (xeralmente nun forno de arco eléctrico, pero tamén ás veces nun alto forno ou nun proceso de redución directa.[1][2]
É de notar, a este respecto, que en 2004 o número de fornos rotatorios de redución directa operativos no Xapón era: en Hyuga: 2; en Pamco 3; en Nippon Yakin (en Oheyama): 2.
Os fornos de Nippon Yakin foron construídos en 1939 e son os únicos que non están asociados a un forno eléctrico de fusión.[3]
As ferroaliaxes comercialízanse como 'ingredientes' para a obtención de aliaxes na siderurxia.
Utilízanse nas acerías, onde o seu contido en ferro confírelle a densiade necesaria para estar mergullado no aceiro líquido.
As súas cualidades son coidadosamente seleccionadas en función do contido en metais non ferrosos, das impurezas que o produto final pode tolerar, así como o seu custo.
Principais aplicacións
- Industria automobilística;
- Industrias eléctria e electrónica;
- Intrumentos hospitalarios;
- Induistrias química e petroquímica.
Ferroaliaxes comúns
Outras ferroaliaxes menos correntes
Produción mundial
Por tipo de ferroaliaxe
Obtención en Alto forno | Obtención en Forno de arco eléctrico | |
---|---|---|
Ferromanganeso | 728 | 4 970 |
Spiegeleisen | 12 | |
Ferrocromo | 7 840 | |
Ferrocromosilicio | 161 | |
Ferroníquel | 1 670 | |
Ferroniobio | 86,4 | |
Ferrosilicio | 7 320 | |
Ferrosilicomanganeso | 7 460 | |
"Silicio metal"[5] | 609 | |
Outras ferroaliaxes[6] | 53,5 | 5 210 |
Total | 794 | 35 300 |
Por procedemento
Notas
- ↑ Como e procseo Krupp-Renn, utiliado no Xapón para a produción de ferroníquel.
- ↑ Kudo, Akira (1998). Japanese-German Business Relations: Co-operation and Rivalry in the Interwar. Routledge. pp. 89-108. ISBN 978-0415149716.
- ↑ : Ashok D. Dalvi; W. Gordon , Bacon & Robert C. Osborne (2004): "The Past and the Future of Nickel Laterites". Inco Limited Ver en PDF Arquivado 27 de marzo de 2014 en Wayback Machine..
- ↑ Lisa A. Corathers, Joseph Gambogi, Peter H. Kuck, John F. Papp, Désirée E. Polyak & Kim B. Shedd (2010). "2008 Minerals Yearbook - Ferroalloys" (PDF). United States Geological Survey.
- ↑ É dicir, un ferrosilicio moi puro, e non silicio metálico. Encóntrase este apelativo nos ferromanganesos.
- ↑ Entre elas, ferrósforo, ferromolibdeno, ferrovanadio, ferroboro, ferrotitanio.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferroaliaxe |