Saltar ao contido

Caldo bordelés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Caldo bordelés pronto para uso

O caldo bordelés é unha combinación de sulfato cúprico e cal hidratado, inventado polos viñateiros da rexión de Bordeos, Francia, e coñecida localmente como Bouillie Bordelaise. Fabrícase por neutralización dunha solución de sulfato cúprico co cal. Contén 20 % de cobre (expresado en cobre metal). Foi inventada polo químico bordelés Ulysse Gayon e o botanista Alexis Millardet en 1880.

Úsase principalmente para controlar fungos en xardíns, viñedos, invernadoiros, en xeral infestacións fúnxicas, en especial fungos da vide. Este funxicida tense usado dende hai máis dun século e segue a empregarse, aínda que o cobre pode se lixiviar e poluír correntes de auga.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos