1888
Aparencia
1888 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1888 MDCCCLXXXVIII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2641 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1337 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4584 – 4585 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5648 – 5649 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1943 – 1944 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1810 – 1811 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4989 – 4990 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1266 – 1267 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1306 – 1307 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2138 | ||||||||||||||||||
|
1888 (MDCCCLXXXVIII) foi un ano bisesto comezado en domingo segundo o calendario gregoriano. A este ano correspóndelle o número romano con maior cantidade de caracteres.
Acontecementos
Europa
- Jack o Destripador asasina cinco mulleres en Londres.
- William Wynn Westcott e Samuel Liddell MacGregor Mathers fundan en Londres a Fraternidade da Esotérica Orde da Aurora Dourada, coñecida máis tarde como Orde Hermética da Aurora Dourada.
- Inaugúrase o Instituto Pasteur en París.
África
- Os británicos instálanse en Kenya.
- A Convención de Constantinopla declara o Canal de Suez zona neutral baixo protección británica.
América
- 13 de maio - A Princesa Isabel do Brasil asina a lei de libertazón da escravitude (Lei Áurea)
- 27 de xaneiro - Fundación da National Geographic Society en Washington, D.C.
- 4 de setembro - George Eastman rexistra a marca Kodak e recibe unha patente para a súa cámara que usa película en rolo.
- 6 de novembro - Eleccións presidenciais nos Estados Unidos: gaña o republicano Benjamin Harrison (polo voto do Colexio Electoral), perdera no voto popular).
- 9 de setembro - Chile anexiona a Illa de Pascua.
Asia
- Sarawak e Borneo convértense en protectorados británicos
- Primeiros camiños de ferro na China
Arte e cultura
- O escritor noruegués Knut Hamsun publica "Fame".
Nacementos
- 14 de xaneiro - Manuel Lustres Rivas, xornalista e escritor galego (m. 1936).
- 17 de febreiro - Otto Stern, físico alemán, premio Nobel (m. 1969).
- 5 de marzo - Ramón Otero Pedrayo, escritor galego (m. 1976).
- 12 de marzo - Vatslav Nizhinskii, bailarín ucraíno.
- 26 de abril - Anita Loos, escritora norteamericana (m. 1981).
- 10 de maio - Max Steiner, compositor norteamericano (m. 1971).
- 15 de maio - José María Sánchez Brea, escritor e xornalista galego (m. 1949).
- 2 de xuño - Antonio Couceiro Freijomil, polígrafo galego (m. 1955).
- 13 de xuño - Fernando Pessoa, escritor portugués (m. 1935).
- 10 de xullo - Giorgio de Chirico, pintor italiano (m. 1978).
- 11 de xullo - Carl Schmitt, xurista alemán.
- 23 de xullo - Raymond Chandler, novelista norteamericano (m. 1959).
- 13 de agosto - John Logie Baird, inventor escocés (m. 1946).
- 12 de setembro - Maurice Chevalier, actor e cantante francés (m. 1972).
- 16 de agosto - Thomas Edward Lawrence (Lawrence de Arabia), militar, arqueólogo e escritor británico.
- 30 de agosto - Leandro Carré Alvarellos, escritor galego.
- 16 de setembro - Frans Eemil Sillanpää, escritor finlandés, premio Nobel de Literatura en 1939
- 26 de setembro - T.S. Eliot, escritor inglés de orixe norteamericana (m. 1965).
- 6 de outubro - Roland Garros, tenista e aviador francés.
- 14 de outubro - Katherine Mansfield, escritora e poeta inglesa.
- 16 de outubro - Eugene O'Neill, dramaturgo estadounidense, premio Nobel de Literatura en 1936 (m. 1953).
- 7 de novembro - Chandrasekhara Venkata Raman, físico indio, premio Nobel de Física en 1930 (m. 1980).
- 15 de novembro - Antonio Taboada Tundidor, avogado e político galego (m. 1959).
- 19 de novembro - José Raúl Capablanca, xadrecista cubano.
- 23 de novembro - Harpo Marx, actor cómico estadounidense (m. 1964).
- 14 de decembro - Alejandro Otero Fernández, médico e político galego (m. 1953).
- 17 de decembro - Pedro Barrié de la Maza, empresario e político galego (m. 1971).
- 24 de decembro - Michael Curtiz, director de cinema estadounidense de orixe húngara
- 28 de decembro - F. W. Murnau, director de cinema alemán (m. 1931).
Mortes
- 29 de xaneiro - Edward Lear, artista e escritor británico (n. 1812).
- 31 de xaneiro - Xoán Bosco, sacerdote italiano, fundador dos Salesianos.
- 8 de febreiro - José López de la Vega, médico e escritor galego (n. 1830).
- 6 de marzo - Louisa May Alcott, novelista norteamericana (n. 1832).
- 9 de marzo - Guillerme I, emperador alemán (n. 1797).
- 12 de abril - Antonio Casares Rodríguez, químico galego (n. 1812).
- 15 de abril - Matthew Arnold, poeta inglés (n. 1822).
- 15 de xuño - Frederico III, emperador alemán (n. 1840).
- 9 de agosto - Octavio Lois Amado, científico e escritor galego (n. 1857).
- 19 de setembro - Vicente Calderón Oreiro, político galego.
- 15 de decembro - Alexandre de Hesse, primeiro príncipe de Battenberg.
Outros
- Emile Berliner patenta o gramófono
- O escocés John Boyd Dunlop inventa o pneumático.
- 23 de decembro - Van Gogh córtase unha orella.
Creacións
- Nikolai Rimskii-Korsakov: Schéhérazade
- Vincent van Gogh: Os catasois
- Sully Prudhomme: A felicidade
- Rubén Darío: Azul
- Henry James: Os papeis de Aspen
- Erik Satie: Trois Gymnopédies
- Posíbel primeira película filmada, Roundhay Garden Scene, en Leeds, Inglaterra: dous segundos e catro fotogramas.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1888 |