Saltar ao contido

Intervalo entre primos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 24 de agosto de 2024 ás 12:30 por Andresv.63 (conversa | contribucións) (en progreso ....)
Distribución de frecuencia de intervalos entre primos para números primos de ata 1.600 millóns. Os picos ocorren en múltiplos de 6.[1]

Un intervalo entre primos é a diferenza entre dous números primos sucesivos. O intervalo entre o primo n-ésimo, denotado gn ou g(pn) é a diferenza entre o primo (n + 1) e o primo n-ésimo , é dicir

Temos g1 = 1, g2 = g3 = 2 e g4 = 4. A secuencia (gn) de intervalos primos foi moi estudada; con todo, moitas preguntas e conxecturas fican aínda sen resposta.

Os primeiros 60 intervalos primos son:

1, 2, 2, 4, 2, 4, 2, 4, 6, 2, 6, 4, 2, 4, 6, 6, 2, 6, 4, 2, 6, 4, 6, 8, 4, 2, 4, 2, 4, 14, 4, 6, 2, 10, 2, 6, 6, 4, 6, 6, 2, 10, 2, 4, 2, 12, 12, 4, 2, 4, 6, 2, 10, 6, 6, 6, 2, 6, 4, 2,... (secuencia A001223 na OEIS) .

Observacións sinxelas

Para calquera número enteiro n, o factorial n! é o produto de todos os enteiros positivos ata n incluído. Logo na secuencia

o primeiro termo é divisible por 2, o segundo termo é divisible por 3, etc. Así, esta é unha secuencia de n − 1 enteiros compostos consecutivos, e debe pertencer a un espazo entre números primos que teñan polo menos n de lonxitude. Dedúcese logo que hai intervalos entre primos que son arbitrariamente grandes, é dicir, para calquera número enteiro N, hai un enteiro m con gmN.

O primeiro intervalo primo de tamaño maior que 14 ocorre entre os primos 523 e 541, mentres que 15! é un número moito maior 1307674368000.

O intervalo medio entre os primos aumenta a medida que o logaritmo natural destes primos e, polo tanto, a ratio entre os primos e os primos implicados diminúe (e é asintóticamente cero). Esta é unha consecuencia do teorema dos números primos. De feito, a relación entre o intervalo e o número de díxitos dos enteiros implicados aumenta sen límite. Esta é a consecuencia dun resultado de Westzynthius.[2]

Na dirección oposta, a conxectura dos primos xemelgos postula que gn = 2 para un número infinito de números enteiros n.

Para algún número primo P, escribimos P# para representar P primorial, ou sexa, o produto de todos os números primos menores ou iguais a P. Se Q é o número primo seguinte a P, entón a secuencia

é unha secuencia de Q − 2 números enteiros compostos, onde temos un intervalo entre primos de tamaño mínimo Q − 1. Por tanto, existen intervalos entre primos de tamaño arbitrariamente longos. Outra forma de ver que hai intervalos arbitrariamente grandes de primos é o feito de que a densidade de números primos aproxímase a cero, de acordo co Teorema do número primo.

Na verdade, os intervalos entre primos de P números poden ocorrer con números moito menores que P#. Por exemplo, a menor secuencia de 71 números enteiros compostos consecutivos ocorre entre 31398 e 31468, en cnto 71# ten vinte e sete dígitos, seu valor total é 557940830126698960967415390.

Resultados numéricos

O maior intervalo entre dous primos coñecidos ata 2016 con primos probábeis identificados ten tamaño 4680156, con números primos de 99750 díxitos atopado por Martin Raab. O maior intervalo entre dous primos con primos xa probados ten tamaño 1113106, con números primos de 18662 díxitos atopados por P. Cami, M. Jansen and J. K. Andersen.[3][4]

Decimos que gn é un intervalo maximal, se gm < gn m < n. O maior intervalo maximal coñecido ata agosto de 2016 ten tamaño 1476, atopado por Tomás Oliveira e Silva. É o septuaxésimo-sétimo intervalo maximal, e ocorre despois do número primo 1425172824437699411.[5] Outros récords de intervalos maximais poden ser vistos en (secuencia A002386 na OEIS).

No 1931, Westzynthius probou que os intervalos entre primos medra de forma maior do que a escala logarítmica. Ou sexa, [6]

Normalmente, a razón gn / ln(pn) chámase mérito dun intervalo entre primos gn.

Maiores valores de "mérito" coñecidos (ata novembro de 2016)[7][8][9]
Mérito gn cifras pn Data Descubridor
36,858288 10716 127 2016 Dana Jacobsen
36,590183 13692 163 2016 Dana Jacobsen
36,420568 26892 321 2016 Dana Jacobsen
35,424459 66520 816 2012 Michiel Jansen
35,310308 1476 19 1425172824437699411 2009 Tomás Oliveira e Silva

Ata novembro de 2016, o maior valor de "mérito" coñecido foi descoberto por Dana Jacobsen, sendo

onde 283# indica o primorial de 283.[7]

A razón de Cramér–Shanks–Granville está dada por

[7]

O maior valor coñecido desa ratio é 0,9206386 para o primo 1693182318746371. Outros termos récords están en (secuencia A111943 na OEIS).

Os 75 primeiros intervalos maximais (n non está listado)
Números de 1 a 25
# gn pn
1 1 2
2 2 3
3 4 7
4 6 23
5 8 89
6 14 113
7 18 523
8 20 887
9 22 1 129
10 34 1 327
11 36 9 551
12 44 15 683
13 52 19 609
14 72 31 397
15 86 155 921
16 96 360 653
17 112 370 261
18 114 492 113
19 118 1 349 533
20 132 1 357 201
21 148 2 010 733
22 154 4 652 353
23 180 17 051 707
24 210 20 831 323
25 220 47 326 693
Números de 26 a 50
# gn pn
26 222 122 164 747
27 234 189 695 659
28 248 191 912 783
29 250 387 096 133
30 282 436 273 009
31 288 1 294 268 491
32 292 1 453 168 141
33 320 2 300 942 549
34 336 3 842 610 773
35 354 4 302 407 359
36 382 10 726 904 659
37 384 20 678 048 297
38 394 22 367 084 959
39 456 25 056 082 087
40 464 42 652 618 343
41 468 127 976 334 671
42 474 182 226 896 239
43 486 241 160 624 143
44 490 297 501 075 799
45 500 303 371 455 241
46 514 304 599 508 537
47 516 416 608 695 821
48 532 461 690 510 011
49 534 614 487 453 523
50 540 738 832 927 927
Números de 51 a 75
# gn pn
51 582 1 346 294 310 749
52 588 1 408 695 493 609
53 602 1 968 188 556 461
54 652 2 614 941 710 599
55 674 7 177 162 611 713
56 716 13 829 048 559 701
57 766 19 581 334 192 423
58 778 42 842 283 925 351
59 804 90 874 329 411 493
60 806 171 231 342 420 521
61 906 218 209 405 436 543
62 916 1 189 459 969 825 483
63 924 1 686 994 940 955 803
64 1 132 1 693 182 318 746 371
65 1 184 43 841 547 845 541 059
66 1 198 55 350 776 431 903 243
67 1 220 80 873 624,627,234,849
68 1 224 203 986 478 517 455 989
69 1 248 218 034 721 194 214 273
70 1 272 305 405 826 521 087 869
71 1 328 352 521 223 451 364 323
72 1 356 401 429 925 999 153 707
73 1 370 418 032 645 936 712 127
74 1 442 804 212 830 686 677 669
75 1 476 1 425 172 824 437 699 411

Resultados posteriores

Limite superior

O postulado de Bertrand, probado no 1852, afirma que sempre existe un número primo entre k e 2k, en particular pn+1<2pn, o que significa que gn < pn.

O teorema do número primo, probado no 1896, dice que as distanzas totais entre dous intervalos entre o primo p e o próximo primo é ln(p). O tamaño real do intervalo pode ser moito maior ou menor. Apesar diso, o teorema do número primo deduce un límite superior para o tamaño dos intervalos entre primos: Para todo ε > 0, existe un número N tal que

gn < εpn n > N.

Pódese deducir que os intervalos arbitrariamente pequenos teñen proporcións cos números primos a partir do límite do cociente:


Hoheisel no 1930 foi o primeiro en mostrar[10] que existe unha constante θ < 1 tal que

mostrando así que

para n suficientemente grande.

Hoheisel obtivo un posíbel valor para θ. O valor da constante foi posteriormente mellorado para Heilbronn,[11] e para θ = 3/4 + ε, para algún ε > 0, por Chudakov.[12]

O mellor resultado é debido a Ingham,[13] que mostrou que

para algunha constante positiva c, onde O' reférese à notación O grande, e

para algún . ζ denota a función zeta de Riemann e π a función contaxe de números primos. Sabendo que para algún é admisíbel, obtense que θ é un número maior que .


Programa en Python

Varios tipos de programas poden ser feitos para calcular o valor de , sendo un importante recurso para a matemática computacional. Abaixo, tense unha versión para Python, que calcula para os números primos entre 1 e 10000 (ata ao número primo 9973): [14]

def prime(num):
    for divisor in range(2, num):
        if num % divisor == 0:
            return False
    return True

list_prime = []
for i in range(1,10000):
    if prime(i):
        list_prime.append(i)
        
for n in range(2, len(list_prime)):
    print(f'g({n-1}) = {list_prime[n] - list_prime[n-1]}')

Notas

  1. Ares, Saul; Castro, Mario (1 February 2006). "Hidden structure in the randomness of the prime number sequence?". Physica A: Statistical Mechanics and Its Applications 360 (2): 285–296. Bibcode:2006PhyA..360..285A. arXiv:cond-mat/0310148. doi:10.1016/j.physa.2005.06.066. 
  2. Westzynthius, E. (1931). Über die Verteilung der Zahlen die zu den n ersten Primzahlen teilerfremd sind. Commentationes Physico-Mathematicae Helsingsfors (en alemán) 5. pp. 1–37. JFM 57.0186.02. Zbl 0003.24601. .
  3. Andersen, Jens Kruse. "The Top-20 Prime Gaps". 
  4. Intervalo de tamaño 1113106
  5. Intervalos maximais
  6. Westzynthius, E. (1931). Über die Verteilung der Zahlen die zu den n ersten Primzahlen teilerfremd sind 5. Commentationes Physico-Mathematicae Helsingsfors. pp. 1–37. JFM 57.0186.02. Zbl 0003.24601. .
  7. 7,0 7,1 7,2 NEW PRIME GAP OF MAXIMUM KNOWN MERIT
  8. Dynamic prime gap statistics
  9. https://web.archive.org/web/20160620000854/http://www.trnicely.net/index.html#TPG.  Parámetro descoñecido |titulo= ignorado (suxírese |título=) (Axuda); Falta o |title= (Axuda)
  10. Hoheisel, G. (1930). "Primzahlprobleme in der Analysis" 33. Sitzunsberichte der Königlich Preussischen Akademie der Wissenschaften zu Berlin: 3–11. JFM 56.0172.02. 
  11. Heilbronn, H. A. (1933). "Über den Primzahlsatz von Herrn Hoheisel" 36 (1). Mathematische Zeitschrift: 394–423. doi:10.1007/BF01188631. 
  12. Tchudakoff, N. G. (1936). "On the difference between two neighboring prime numbers" 1. Math. Sb.: 799–814. 
  13. Ingham, A. E. (1937). "On the difference between consecutive primes". Oxford Series 8 (1). Quarterly Journal of Mathematics: 255–266. doi:10.1093/qmath/os-8.1.255. 
  14. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Não_nomeado-xwAv-1

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas