Saltar ao contido

Wolfram Alpha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wolfram Alpha

Editar o valor en Wikidata
Fundación18 de maio de 2009
MatrizWolfram Research
LocalizaciónEstados Unidos de América Estados Unidos
FundadorStephen Wolfram
IndustriaInternet
ProdutosMotor matemático
Na rede
https://www.wolframalpha.com
Facebook: OfficialWolframAlpha Twitter: Wolfram_Alpha Tumblr: wolframalpha LinkedIn: wolfram-alpha-llc Youtube: UCFiBi0w38G4XLwm3sYO_TqA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Wolfram Alpha é un motor computacional desenvolvido por Wolfram Research. Wolfram é un servizo en liña que atopa respostas concretas baseadas en cálculos numéricos e información gardada en bases de datos, non en páxinas web ou documentos ligados.

Wolfram Alpha baséase na plataforma computacional Mathematica, escrita polo científico británico Stephen Wolfram en 1988.

Visión xeral

Wofram ofrece respostas concretas a preguntas feitas como as faría un humano. A páxina traballa como o faría unha investigación baseada en datos, sen traballar con datos semánticos. Wolfram pode responder a preguntas en inglés como "Cando naceu Obama?". A páxina dá a data como resposta en diversos formatos.

Tamén pode responder a preguntas como "Que idade tiña Picasso o 13 de xaneiro de 1945?":

age of picasso 1945 january 13

dando como respota: "63 years 2 months 19 days" (63 anos, 2 meses e 19 días).

Código QR co enderezo URL da Wikipedia en galego.

Wolfram Alpha tamén pode xerar códigos QR:

qr code http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada

Cálculos matemáticos

Wolfram inclúe parte das posibilidades matemáticas de Mathematica. O programa informático no que se basea o seu deseño.

Wolfram Alpha está escrito en 15 millóns de liñas de código de Mathematica (empregando webMathematica e gridMathematica) o código execútase en 10.000 CPU (aínda que o número está a medrar dende o lanzamento).

Wolfram Alpha é quen de resolver cálculos matemáticos con integrais, derivadas, ecuacións, operacións con matrices, trigonometría ou representacións gráficas de funcións.

A páxina ten un servizo Pro de pago por subscrición que permite facer operacións con táboas, imaxes, son, XML e ducias de formatos científicos especializados, formatos médicos, matemáticos e de análise automático.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas