Ida de Bernicia
Nome orixinal | (en) Ida of Bernicia |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século V |
Morte | 559 |
Rei de Bernicia | |
547 – 559 – Glappa de Bernicia → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Cónxuxe | Bearnoch of Bernicia |
Fillos | Eadric, Ocga, Theodric de Bernicia, Adda de Bernicia, Frithuwald de Bernicia, Glappa de Bernicia, Æthelric de Bernicia, Hussa de Bernicia |
Pai | Eoppa of Bernicia |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Encyclopædia Britannica |
Ida, finado sobre 559, é o primeiro rei coñecido do reino anglo de Bernicia, que gobernou entre 547 e 559, data da súa morte. Pouco sabemos da súa vida ou reinado, pero foi considerado como o fundador da liña de sangue da que se proclamaban sucesores moitos dos reis anglosaxóns do norte de Inglaterra e sur de Escocia. Os seus sucesores combateron a resistencia britana e acabarían fundado o reino de Northumbria.
Fontes
[editar | editar a fonte]A Crónica anglosaxoa informa que o reinado de Ida comeza en 547, e lémbrao como fillo de Eoppa, neto de Esa e bisneto de Ingwy[1] Igualmente, a Historia Brittonum preséntao como fillo de Eoppa e primeiro rei de Berneich ou Bernicia.[2] A Crónica Anglosaxoa conta que gobernou durante doce anos e construíu o castelo de Bamburgh, capital berniciana. Posteriormente, con todo, a Crónica confunde o seu territorio co posterior de Northumbria, dicindo que Ælla, un rei histórico de Deira, o sucedeu como rei á súa morte.[3] Northumbria non existiu ata a unión de Bernicia e Deira, o que sucedeu por primeira vez baixo o neto de Ida, Aethelfrith. As xenealoxías dos reis anglosaxóns que figuran anexas a algúns manuscritos da Historia Brittonum proporciona máis información acerca de Ida e a súa familia: o texto chama Bearnoch á raíña de Ida, e indica que tivo doce fillos. Varios deles son tamén citados como reis.[4] Un deles, Theodric, é destacado por enfrontarse a unha coalición britana liderada por Urien de Rheged e os seus fillos.[5]
Algúns comentaristas dos séculos XVIII e XIX, comezando por Lewis Morris, asociaron a Ida cunha figura da tradición galesa coñecida como Flamdwyn ("Portador da chama").[6] Este Flamdwyn foi evidentemente un líder anglosaxón que se enfrontou a Urien Rheged e os seus fillos, especialmente o seu fillo Owain, que o matou.[7] Con todo, Rachel Bromwich indica que esta identificación ten pouco que a apoie;[7] outros escritores, tales como Thomas Stephens e William Forbes Skene, identifican a Flamdwyn con Theodric, o fillo de Ida, sinalando as pasaxes nas xenealoxías en que se fala das batallas de Theodric con Urien e os seus fillos.[6]
Na época en que Ida gobernaba, o control de Bernicia non se estendía apenas no interior.[8] Non foi ata a época de Æthelfrith, o neto de Ida, cando se produciu a expansión berniciana cara ao oeste. Esta tese está referendada pola descrición da Historia Brittonum' das loitas entre bernicianos e nativos britanos, indicando unha resistencia prolongada. Tamén reforza esta teoría a escaseza de achados arqueolóxicos anglosaxóns terra dentro no século VI.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Crónica anglosaxoa, entrada de 547.
- ↑ Historia Brittonum, c. 56.
- ↑ Crónica Anglosaxoa, entrada de 560.
- ↑ Historia Brittonum, ch. 57.
- ↑ Historia Brittonum, c. 63.
- ↑ 6,0 6,1 Morris-Jones, John (1918). "Taliesin". Y Cymmrodor 28: 154.
- ↑ 7,0 7,1 Bromwich, p. 353.
- ↑ 8,0 8,1 Fletcher, p. 25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bromwich, Rachel (2006). Trioedd Ynys Prydein: The Triads of the Island of Britain. University of Wales Press. ISBN 0-7083-1386-8.
- Fletcher, Richard (1989). Who's Who in Roman Britain and Anglo-Saxon England. Shepheard-Walwyn. ISBN 0-85683-089-5.
- Morris-Jones, John (1918). "Taliesin". Y Cymmrodor 28.