O rapto de Europa (Oliveira)
O rapto de Europa | |
---|---|
Vista da escultura | |
Presentación | |
Localización | Vigo |
Dirección | Samil (Navia) |
Tipo | Escultura |
Construción | |
Data da construción | 1991 |
Equipo | |
Escultor | Juan Oliveira Viéitez |
O rapto de Europa é unha escultura-monumento de bronce de Juan Oliveira Viéitez ergueito en 1991 e situado ao final da avenida de Europa, no medio dunha rotonda á beira da mesma praia de Samil, en Samil (Vigo).
Características
[editar | editar a fonte]Representa a princesa fenicia Europa da mitoloxía grega da cabalo dun touro, todo en bronce. Ten 7 metros de alto e pesa 1500 quilos. A escultura érguese sobre unha rocha de granito que fica no medio dun pequeno encoro con chafarices. A obra supón tecnicamente un logro, xa que consegue unha sorprendente sensación aérea a través das cavidades e baleirados das figuras.[1]
A figura simboliza o rapto de Europa. Aparece o deus Zeus transformado en touro e sobre el a deusa da mitoloxía grega, Europa, coa bandeira da Unión Europea. [2] Europa era unha princesa fenicia, á que Zeus raptou convertido nun touro branco. Esta lenda foi moi representada na arte ao longo da historia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Web de Turismo de Vigo
- ↑ O Rapto de Europa na páxina do concello.