Saltar ao contido

Estado Lara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 2 de decembro de 2023 ás 11:39 por HombreDHojalata (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaEstado Lara

HimnoLara State Anthem (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

EpónimoJuan Jacinto Lara Mendez (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 10°04′N 69°52′O / 10.07, -69.86
EstadoVenezuela Editar o valor en Wikidata
CapitalBarquisimeto Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Xeografía
Superficie19.800 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1864 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoLegislative Council of Lara (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2VE-K Editar o valor en Wikidata

Sitio weblara.gob.ve Editar o valor en Wikidata

O estado de Lara, ás veces abreviado Edo Lara, é un dos 23 estados nos que se divide Venezuela.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Poboación

[editar | editar a fonte]

Lara ten unha poboación estimada (2009) de 1.852.875 habitantes.

Xentilicio

[editar | editar a fonte]

As xentes do Estado Lara son larenses.

Administración

[editar | editar a fonte]

A capital do estado é Barquisimeto.

Organiza a súa administración e os seus poderes públicos por medio da Constitución do Estado Lara, dictada polo Consejo Legislativo.[1] O Estado está formado por nove municipalidades.

Concellos

[editar | editar a fonte]
  1. Andrés Eloy Blanco ( Sanare )
  2. Crespo ( Duaca )
  3. Iribarren ( Barquisimeto )
  4. Jiménez ( Quíbor )
  5. Morán ( El Tocuyo )
  6. Palavecino ( Cabudare )
  7. Simón Planas ( Sarare )
  8. Torres ( Carora )
  9. Urdaneta ( Siquisique )

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Atópase na rexión centro-occidental de Venezuela, a 800 metros sobre o nivel do mar. As súas coordenadas xeográficas son: 09° 24" 02""; 10° 45" 02"" N 68° 54" 00""; 70° 51" 08"" O

Localización

[editar | editar a fonte]
Típica paisaxe árida e seca do Estado na zona do parque nacional Cerro Saroche.

Limita ao norte co estado de Falcón; ao sur cos estados de Portuguesa e Trujillo; ao leste co estado de Yaracuy e ao oeste co estado Zulia.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

As augas dos ríos do estado desembocan a través de tres vertentes: o Caribe, o Atlántico polo río Orinoco e o lago de Maracaibo.[2]

  • Ríos principais:[3][4] Amarillo, Auro, Aragua, Curarigua, Morere, Tocuyo, Turbio, Urama, Yacambú.
  • Lagoas: Laguna Amarilla, Laguna Cocoy
  • Fervenzas: Cascada del Vino no Parque Nacional de Dinira

Durante tempos coloniais e en boa parte do período da independencia, o actual territorio de Lara pertenceu á provincia de Caracas. En 1824 foi absorbida pola Provincia de Carabobo, creada ese ano. En 1832 tras a desintegración da Gran Colombia, desfíxose tamén a rexión e constituíuse entón na Provincia de Barquisimeto, que comprendía os cantóns de Quíbor, El Tocuyo, Carora e Barquisimeto; ademais doutros que conforman hoxe o estado Yaracuy. En 1856, a través da nova lei de división territorial, San Felipe e Yaritagua uníronse a Nirgua para formar a Provincia de Yaracuy.

No ano 1881 acordouse a creación do Gran Estado Norte-Occidente, ao que se sumaron as zonas de Lara e Yaracuy. En agosto dese mesmo ano atribúeselle o nome de estado de Lara, en homenaxe ao xeneral patriota Jacinto Lara.[1]

Século XX en adiante

[editar | editar a fonte]

En 1899, o congreso estableceu a autonomía dos 20 estados, tal e como contemplaba a constitución de 1864, división que se confirmou en 1909, mediante unha reforma constitucional, que se mantivo até hoxe. A partir dese ano, o Estado de Lara mantén a súa unidade político-territorial.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Estado Lara (Venezuela) - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 2022-05-06. 
  2. Vila, Marco Aurelio. 1966. Aspectos Geográficos del Estado Lara. Corporación Venezolana de Fomento. Caracas pp:89.
  3. Zinck, Alfred. 1986. Ríos de Venezuela. Lagoven, S.A. Caracas. 64p. ISBN 980-259-084-3
  4. Vila, Marco Aurelio. 1966. Aspectos Geográficos del Estado Lara. Corporación Venezolana de Fomento. Caracas. pp89-100.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.