Saltar ao contido

CMS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de outubro de 2023 ás 15:29 por Sobreira (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Un CMS (content management system, sistema de xestión de contidos) é unha aplicación que permite publicar, editar e modificar contidos, organizalos ou borralos así como mantelos dende unha interface central. Tales sistemas de xestión de contido subministran procedementos para manexar o fluxo de datos nunha contorna colaborativa. Estes procedementos poden ser realizados de xeito manual ou de xeito automático. Os CMS están dispoñibles dende finais dos anos 1990.

Os CMS son usados a miúdo para xestionar sitios web que conteñen blogs, novas e vendas. Moitos sitios corporativos e de mercadotecnia usan CMS. Os CMS en xeral tentan evitar o manexo de código, pero poden soportar o seu uso en elementos específicos ou mesmo páxinas enteiras. Os máis usados son WordPress, Shopify, Wix, Squarespace e Joomla![1].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. "CMS market share analysis". joost.blog. Consultado o 23 July 2022.