O corno
Aparencia
O corno | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | O corno |
Director | Jaione Camborda |
Guión | Jaione Camborda |
Música | Camilo Sanabria |
Fotografía | Rui Poças |
Montaxe | Cristóbal Fernández |
Estrea | 11 de outubro de 2023 |
Duración | 103 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
O corno é un filme galego de 2023 dirixido e escrito por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernandes e Carla Rivas. Foi rodado en lingua galega.[1] Estreouse na 71ª edición do Festival Internacional de Cine de Donostia, onde se converteu no primeiro filme en galego en competir na sección oficial.[2]
Sinopse
Ambientado na Illa de Arousa en 1971, o filme conta a historia de María, unha muller que traballa como mariscadora. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos partos. Logo dun inesperado suceso, foxe e comeza unha perigosa viaxe cruzando a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.
Personaxes
- Janet Novás como María
- Siobhan Fernandes como Anabela
- Carla Rivas como Luisa
- Daniela Hernán Marchán como Ángela
- María Lado como Teresa
- Julia Gómez como Carmen
- José Navarro como Marcos
- Nuria Lestegás como Mabel
- Darío Fernández Raposo como Manuel
- Diego Anido como Juan
- Filomena Gigante como Belén
Notas
- ↑ "'O Corno', la primera película en gallego que competirá por la Concha de Oro de San Sebastián". El Diario. 14 de xullo de 2023. Consultado o 6 de setembro de 2023.
- ↑ "‘O corno’, de Jaione Camborda, se estrenará en Toronto antes de competir por la Concha de Oro". cineconn.es. 3 de agosto de 2023. Consultado o 6 de setembro de 2023.