O corno
Aparencia
O corno | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | O corno |
Director | Jaione Camborda |
Guión | Jaione Camborda |
Música | Camilo Sanabria |
Fotografía | Rui Poças |
Montaxe | Cristóbal Fernández |
Estrea | 2023 |
Orixe | Galicia |
Na rede | |
O corno é un filme galego de 2023 dirixido e escrito por Jaione Camborda e protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernandes e Carla Rivas. Foi rodado en lingua galega.[1] Estreouse na 71ª edición do Festival Internacional de Cine de Donostia, onde se converteu no primeiro filme en galego en competir na sección oficial.
Sinopse
Ambientado na Illa de Arousa en 1971, o filme conta a historia de María, unha muller que traballa como mariscadora. Tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos partos. Logo dun inesperado suceso, foxe e comeza unha perigosa viaxe cruzando a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.
Personaxes
- Janet Novás como María
- Siobhan Fernandes como Anabela
- Carla Rivas como Luisa
- Daniela Hernán Marchán como Ángela
- María Lado como Teresa
- Julia Gómez como Carmen
- José Navarro como Marcos
- Nuria Lestegás como Mabel
- Darío Fernández Raposo como Manuel
- Diego Anido como Juan
- Filomena Gigante como Belén
Notas
- ↑ "'O Corno', la primera película en gallego que competirá por la Concha de Oro de San Sebastián". El Diario. 14 de xullo de 2023. Consultado o 6 de setembro de 2023.