Ronnie James Dio
(2009) | |
Nome orixinal | (en) Ronald James Padavona |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de xullo de 1942 Portsmouth, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 16 de maio de 2010 (67 anos) Houston, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de estómago |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Outros nomes | Ronnie James Dio |
Actividade | |
Ocupación | cantante de heavy metal, compositor de cancións |
Período de actividade | 1958 - 2010 |
Membro de | Dio (1983–) Black Sabbath (1979–1982) Rainbow (pt) (1975–1979) Elf (pt) (1967–1975) Heaven and Hell (pt) |
Xénero artístico | Heavy metal, hard rock, Blues rock e heavy metal tradicional (pt) |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Voz e baixo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Wendy Walters (1978–2010), morte da persoa Loretta Berardi (1963–1972), divorcio |
Fillos | Dan Padavona, fillo adoptivo () Loretta Berardi |
Parentes | David Feinstein, curmán |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | ronniejamesdio.com |
Ronald James Padavona, nado en Portsmouth (Nova Hampshire) o 10 de xullo do 1942 e finado en Houston o 16 de maio do 2010[1], foi un cantante de heavy metal estadounidense, máis coñecido co nome artístico de Ronnie James Dio.
Formou parte das bandas Elf, Rainbow, Black Sabbath, Dio e Heaven and Hell. Foi quen popularizou o xesto dos cornos como parte da simboloxía do heavy metal.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Adoptou o sobrenome de Dio en homenaxe a un mafioso italiano, Johnny Dio. A súa primeira banda foi Elf, pasando a mediados dos 70 a ser o vocalista de Rainbow, banda do ex-Deep Purple Ritchie Blackmore. Despois de gravar catro álbums con eles intégrase en Black Sabbath ata 1983, empezando nese ano a súa carreira en solitario baixo o nome de Dio. Entre discos, directos, recompilatorios e DVDs saca 28 traballos ao mercado, na que é a etapa máis prolífica da súa carreira musical. No 2007 reúnese con tres antigos compañeiros de Black Sabbath (Tony Iommi, Geezer Butler e Vinny Appice) e xuntos forman Heaven and Hell, denominación coa que gravaron un disco, The Devil you Know, no 2009.
En novembro do 2009 foille diagnosticado un cancro de estómago[3], falecendo seis meses despois.
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Elf
[editar | editar a fonte]- Elf (1972)
- Carolina County Ball (1974)
- Trying to Burn the Sun (1975)
- The Gargantuan (1978)
- The Elf Albums (1991)
Con Rainbow
[editar | editar a fonte]- Ritchie Blackmore's Rainbow (1975)
- Rising (1976)
- On Stage (1977)
- Long Live Rock 'n' Roll (1978)
- Live In Germany '76 (1990)
Con Black Sabbath
[editar | editar a fonte]- Heaven and Hell (1980)
- Mob Rules (1981)
- Live Evil (1982)
- Dehumanizer (1992)
- Black Sabbath: The Dio Years (2007)
Como Dio
[editar | editar a fonte]- Holy Diver (1983)
- Live in Concert (VHS) (1984)
- Special From The Spectrum (VHS) (1984)
- The Last in Line (1984)
- Sacred Heart (1985)
- Super Rock '85 In Japan (VHS) (1985)
- Intermission (1986)
- Sacred Heart "The Video" (1986)/(2004)
- Dream Evil (1987)
- Lock Up the Wolves (1990)
- Diamonds: Best of Dio (1992)
- Strange Highways (1994)
- Angry Machines (1996)
- Anthology (1997)
- Master Series (1998)
- Inferno: Last in Live (1998)
- Magica (2000)
- The Very Beast of Dio (2000)
- Anthology, Vol. 2 (2001)
- Killing the Dragon (2002)
- Evil or Divine: Live in New York City (DVD) (2003)
- Stand Up and Shout: The Dio Anthology (2003)
- The Collection (2003)
- Master of the Moon (2004)
- Evil Or Divine: Live in New York City (2005)
- We Rock (DVD) (2005)
- Holy Diver Live (2006)
- Holy Diver Live (DVD) (2006)
Con Heaven and Hell
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mensaxe de Wendy Dio, esposa do músico, colgada na súa páxina oficial". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2010. Consultado o 17 de maio de 2010.
- ↑ Nova do falecemento en Diario Crítico
- ↑ "Nova en blabbermouth.net, en inglés". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2009. Consultado o 17 de maio de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ronnie James Dio |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)