Robin Lopez
Modelo:Xogador da NBA Robin Byron Lopez, nado o 1 de abril de 1988 no barrio de North Hollywood da cidade dos Ánxeles (California), é un xogador de baloncesto estadounidense que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA). Mide 2,13 metros, e xoga na posición de pivote. É irmán xemelgo de Brook Lopez, elixido polos New Jersey Nets no mesmo draft, e actual xogador dos Brooklyn Nets. Ambos os dous son fillos dun emigrante cubano, Heriberto Lopez, e da estadounidense Deborah Ledford, que foi olímpica en natación.[1]
Traxectoria
Universidade
Xogou durante dúas tempadas xunto co seu irmán nos "Cardinals" da Universidade de Stanford. Na súa primeira tempada fixo 7,5 puntos, 5,5 rebotes e 2,2 tapóns, liderando a Pacific Ten Conference nese apartado. Xunto co seu irmán, puxeron máis tapóns nunha tempada que 7 equipos da súa mesma conferencia.[2] Na súa segunda tempada fixo 10,2 puntos, 5,7 rebotes e 2,3 tapóns (2º da Pac-10). Foi elixido no mellor quinteto defensivo da súa conferencia.
En marzo de 2008, tanto el coma o seu irmán anunciaron a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.[3] No total da súa traxectoria universitaria fixo 8,9 puntos e 5,6 rebotes por partido.[4]
Estatísticas
Ano | Idade | P | MIN | PTS | REB | ASIS | PER | A/P | ROUB | TAP | FP | %TC | %TL | %3P |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2006-2007 | 18 | 31 | 24.0 | 7.5 | 5.5 | 0.9 | 1.5 | 0.63 | 0.2 | 2.4 | 2.3 | .480 | .545 | 0.00 |
2007-2008 | 19 | 36 | 24.5 | 10.2 | 5.7 | 0.6 | 1.8 | 0.33 | 0.5 | 2.3 | 2.6 | .534 | .652 | 1.000 |
Profesional
Foi elixido na 15ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos Phoenix Suns, equipo polo que asinou contrato en xullo de 2008.[5]
O 27 de xullo de 2012, os New Orleans Hornets adquiriron a Lopez dos Suns mediante un sign-and-trade.[6]
O 10 de xullo de 2013, New Orleans traspasou a Lopez ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre tres equipos que tamén incluía ós Sacramento Kings.[7]
O 9 de xullo de 2015, Lopez asinou cos New York Knicks.[8]
O 22 de xuño de 2016, Lopez foi traspasado xunto a José Manuel Calderón e Jerian Grant ós Chicago Bulls, a cambio de Derrick Rose, Justin Holiday e unha elección da segunda rolda do Draft de 2017.[9]
O 12 de xullo de 2019, Lopez asinou cos Milwaukee Bucks.[10]
O 22 de novembro de 2020, Lopez asinou cos Washington Wizards.[11]
Notas
- ↑ "Brook Lopez Porspect Profile". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2009. Consultado o 15 de abril de 2010.
- ↑ "2006-07 Pac-10 Men's Basketball Wrap-Up". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 09 de outubro de 2009.
- ↑ "Brook Lopez, Robin Lopez Announce Intent To Enter 2008 NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2008. Consultado o 09 de outubro de 2009.
- ↑ Ficha de Brook Lopez en TDR
- ↑ Suns Sign Robin Lopez
- ↑ Hornets acquire Lopez and Warrick from Phoenix
- ↑ "TRADE BLAZERS ACQUIRE ROBIN LOPEZ FROM NEW ORLEANS". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 10 de xullo de 2013.
- ↑ "Knicks Acquire Four Free Agents: Afflalo, R. Lopez, Williams, O'Quinn". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 10 de xullo de 2015.
- ↑ "Bulls send Derrick Rose to New York in five-player deal". NBA.com. 22 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016. Consultado o 01 de agosto de 2019.
- ↑ "Bucks Sign Robin Lopez and Wes Matthews". NBA.com. 12 de xullo de 2019. Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ Wizards sign Robin Lopez
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1988
- Nados nos Ánxeles
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns
- Xogadores dos Phoenix Suns
- Xogadores dos New Orleans Hornets
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores dos New York Knicks
- Xogadores dos Chicago Bulls
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Washington Wizards
- Xogadores dos Orlando Magic
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers