Saltar ao contido

Tau Ceti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 4 de setembro de 2022 ás 10:36 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Localización de Tau Ceti, sinalada cun τ, na constelación da Balea.

Tau Ceti (τ Cet, τ Ceti)[1] é unha estrela da constelación de Cetus[2] que se asemella espectralmente ó sol, malia que só ten o 78% da masa do sol. A unha distancia de pouco menos de 12 anos luz do sistema solar, é unha estrela relativamente achegada, e é a estrela solitaria máis próxima de tipo G.[3] A estrela semella estable, cunha lixeira variación estelar.

Tau Ceti é deficiente do metal, o cal se relaciona acotío cando non hai planetas xigantes e poucos planetas rochosos. As observacións detectaron que hai dez veces máis po que o presente no sistema solar.

Dende decembro de 2012, hai probas de cinco planetas orbitando Tau Ceti, e un deles pode estar potencialmente na zona de habitabilidade.[4][5] Por mor do disco residual, calquera planeta que orbite Tau Ceti pode padecer máis impactos astronómicos que a Terra. Malia este atranco de habitabilidade, as súas características como análogo solar (semellante ó Sol) fixeron medrar o interese pola estrela. De acordo coa súa estabilidade, semellanza e relativa proximidade ó Sol, Tau Ceti está sempre na lista de obxectivos do proxecto da Search for Extra-Terrestrial Intelligence (SETI), e aparece na literatura de ciencia ficción.[6]

  1. Oxford University Press (ed.). "Definición de tau na versión online do Oxford Dictionary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2015. Consultado o 3 maio 2014. 
  2. A 19º estrela da constelación.
  3. Alpha Centauri está máis preto, pero forma parte dun sistema triplo.
  4. "Tau Ceti's planets nearest around single, Sun-like star". BBC News. 19 de decembro de 2012. 
  5. "Tau Ceti May Have a Habitable Planet". Astrobiology Magazine. 19 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o 27 de setembro de 2015. 
  6. Rutkowski, Chris A. (2010). The Big Book of UFOs. Dundurn. p. 33. ISBN 1554887607. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]